O Centro Cultural da Deputación de Ourense pasará a levar o nome do desaparecido Marcos Valcárcel
 
Ao pleno deste mes de maio irá unha iniciativa para que o Centro Cultural da Deputación leve en adiante o nomo de Marcos Valcárcel. Así o anunciou este mércores o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que sinalou que deste xeito quere a Deputación honrar a figura o desaparecido escritor, investigador e profesor ourensán. Con esta iniciativa considera a viuva do historiador que "queda recoñecido o labor cultural de Marcos, sempre moi vencellado a Ourense".
 
 
 
 
 
17 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural da Deputación de Ourense pasará a denominarse "Centro Cultural Marcos Valcárcel", en recoñecemento póstumo ao insigne historiador, escritor e lingüista ourensán, quen ao longo da súa vida se caracterizou pola súa defensa dos valores culturais e sociais de Galicia, e sinaladamente de Ourense. Así o anunciou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nunha comparecencia diante dos medios de comunicación, acompañado pola viúva de Marcos Valcárcel, María Xosé Picouto, e do deputado provincial de Cultural, Antonio Mouriño.

Manuel Baltar destacou que Marcos Valcárcel "naceu en Ourense, traballou en Ourense, investigou en Ourense e compartiu a súa sapiencia cos ourensáns, nesa permanente bonhomía que era a súa traza de identidade. Pero, sobre todo, Marcos Valcárcel amaba Ourense".
Baltar destacou que unha terra como Galicia, que atesoura a singularidade dunha fala, dunha cultura, dunha historia e dunhas tradicións seculares, "ten a obriga de seguir mantendo acesa esa chama do noso ámbito cultural propio, para que o respecto pola nosa cultura estea sempre presente nas nosas vidas, algo que foi unha sinal de identidade en Marcos Valcárcel: o seu galeguismo e a súa ourensanía".

Manuel Baltar anunciou tamén que a Deputación de Ourense está a tramitar o expediente para o outorgamento a Marcos Valcárcel da Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, a título póstumo, conforme ao disposto no Regulamento de Honores e Distincións da Deputación.
Pola súa banda, Antonio Mouriño dixo que Ourense ten un referente indiscutible como foi a Xeración Nós, e moitos outros movementos sociais e culturais aos que se foron sumando persoeiros de todos os ámbitos sociais, políticos e culturais, entre eles Marcos Valcárcel, para engrandecer á que foi dada en chamar a "Atenas de Galicia", acollida no sentimento senlleiro e singular da Ourensanía”.

Pola súa banda, a viúva do historiador, María Xosé Picouto agradeceu á Deputación de Ourense que fose quen de levar adiante esta iniciativa "porque con ela queda recoñecido o labor cultural de Marcos, sempre moi vencellado a Ourense".
Os trámites para levar a cabo o cambio do nome do Centro Cultural pasarán á  comisión informativa de Educación, Cultura e Deportes da Deputación, e de aí ao pleno da corporación provincial do vindeiro 31 de maio, para a adopción do acordo da nova nomenclatura do espazo expositivo, que pasará a denominarse "Centro Cultural Marcos Valcárcel".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 17, MARTES
 
Baltar Pumar dice en Melón que tiene recambio hasta en su nieto, otro José Luis Baltar
Rodríguez recalca que el medio ambiente seguirá siendo un polo dinamizador del empleo en la ciudad
El BNG denuncia que Baltar Pumar intentó acallar a un vecino en un acto en Morgade con 3.000 euros
Saénz de Santamaría no le concede valor a la palabra de José Blanco y dice que el PP pedirá documentos
Isabel Pérez anunció este lunes que impulsará el Plan de Normalización Lingüística del Concello de Ourense