A "pegada ecolóxica" nas construccións rehabilitadas, eixo do Encontros Técnicos de Rehabilitación deste mércores
 
Seguiron este mércores no Auditorio de Ourense os Encontros Técnicos en Rehabilitación, que reúnen nesta cidade a técnicos municipais de diferentes cidades galegas. Esta nova xornada estivo adicada a bioconstrución. A sustentabilidade e a procura da mínima “pegada ecolóxica” nas construcións rehabilitadas foi o eixo conductor das palestras. O artesán Guido Tomasini ofreceu ao remate das charlas unha demostración práctica do adobe e o pallabarro.
 
 
 
 
10 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellaría de Vivenda celebrou este mércores unha nova edición dos Encontros Técnicos de Rehabilitación, unha iniciativa para a posta en común de experiencias e dúbida entre axentes públicos e privados do sector adicados a esta práctica.
Centrado desta volta no ámbito da bioconstrución, o Encontro reuniu no Auditorio a técnicos municipais das oficinas dos PERIs de cidades e vilas galegas como Vigo ou Mondoñedo, entre outros, así como arquitectos, constructores, etc.

A sustentabilidade e a procura da mínima “pegada ecolóxica” nas construcións rehabilitadas foi o eixo conductor das palestras que se celebraron no Auditorio Municipal, nas que se discutiu o emprego de novos materiais inspirados en técnicas de reciclaxe así como a recuperación de técnicas de construción  tradicionais que “aportan resultados duradeiros, respetables co medio e con custos competitivos” como son o adobe e o pallabarro.
O artesán Guido Tomasini ofreceu ao remate das charlas unha demostración práctica desta última técnica, unha das máis antigas do planeta, con preto de 15.000 anos de historia.

As palestras foron presentadas polo Concelleiro de Vivenda, o edil do BNG Fernando Varela, quen celebrou o “incremento na asistencia” que esta iniciativa rexistra en cada edición.
Na súa intervención, Fernando Varela defendeu o interese que tén para os profesionais o ámbito da  bioconstrucción, que fan fincapé nunha materia como o da recuperación e respeto o patrimonio material e mesmo inmaterial (no que se refire a recuperación de ténicas tradicionais) que “debe ser un eixo fundamental á hora de plantexar unha rehabilitación, xunto coa eficacia e a habitalidade das obras”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Fotografía : M. PAZOS   
   
  Fernando Varela  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA