O Museo da Limia en Vilar de Santos acolle os 193 traballos do certamen convocado en memoria de Carlos Casares
 
Os 193 traballos que os alumnos dos 12 centros educativos de A Limia presentaron ao concurso convocado no 10 aniversario do pasamento de Carlos Casares, están a exposición xa no Museo da Limia de Vilar de Santos. Aquí estarán até o 13 de maio, e logo irán á Casa da Cultura de Xinzo onde permanecerán até o día 15 de xuño.
 
 
 
 
Fotografía : M. PAZOS 
 
30 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

O Museo da Limia acolle ata o 13 deste mes de maio, os 193 traballos dos alumnos dos 12 centros educativos desta comarca que participaron no Concurso de Creación Literaria e no Concurso de Creación Plástica, convocado no 10 aniversario do pasamento de Carlos Casares polo Centro de Cultura Popular da Limia, o Mueso da Limia e a Fundación Carlos Casares.
Os 193 traballos corresponden ás 7 modalidades que presentaba a convocatoria dos premios en 4 categorías.

A exposición viaxará de seguido do Museo da Limia en Vilar de Santos, á Casa da Cultura de Xinzo, onde permaencerá do 17 de maio até o 16 de xuño.
As bases do concurso establecía catro categorías en función dos diferentes niveis educativos, con 7 premios consistentes en lotes de libros, un diploma de recoñecemento e a publicación dos mellores traballos na revista Lhetes que edita o Centro de Cultura Popular do Limia, así como as exposicións sinaladas.
Tódolos estudantes poideron participar no certamen a título individual ou en grupo, con traballos de creación literaria ou plástica sobre a vida e a obra de Carlos Casares.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, SÁBADO
 
Fomento licita toda la obra del AVE Madrid-Galicia entre Olmedo y Santiago en 2.332 millones de euros
Verea también se postula como posible ubicación de la macro incineradora de la Xunta de Galicia
Visto bueno de la Comisión de Pleno del Concello a la Ordenanza de las Actuaciones Comunicadas
El CHOU baja a 44 días las esperas en cirugía global y a 32 en consultas, según Núñez Masid
En Xinzo, Guillermo Vázquez acusa a PP y PSOE de estar buscando “desviar a atención dos problemas da xente”