A Moreira Vella de Xinzo xa leva o nome de "Carrera", un dos grandes impulsores do deporte na Limia
 
Quen foi un dos grandes impulsores do deporte na comarca de A Limia, José Antonio Fernández "Carrera", dalle dende este sábado o seu nome as instalaciones deportivas de A Moreira Vella. Así o acordou no seu día o Pleno do Concello de Xinzo, e así sucedeu nun acto inaugural ao que asistiu o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ademais de boa parte da Corporación, a viuva e os fillos de "Carrera".
 
 
 
 
30 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu a inauguración do campo de fútbol de A Moreira de Xinzo de Limia, que leva o nome de José Antonio Fernández "Carrera", o que  fora xogador, adestrador e presidente do Antela F. C., ademais de concelleiro de Deportes entre os anos 1993 e 1995.
O nome do campo aprobouse por unanimidade no pleno do concello, e quixo con esta distinción manter vivo o recordo deste destacado impulsor do deporte na Limia, falecido en 2008 aos 58 anos de idade.

No acto de inauguración do campo de fútbol participaron xunto co presidente da Deputación de Ourense o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, e o grupo grupo de goberno; a viuva e fillos de José Antonio Fernández "Carrera"; os concelleiros da oposición; o deputado provincial de Deportes, Luciano Rivero; os presidentes dos catro clubes de fútbol do Concello de Xinzo: Antela F.C., Piñeira F.C., Boado F.C. e E.D. Concello de Xinzo), así como a asociación de Veteranos Antela, os xogadores das categorías base e afeizoados e o presidente da Delegación Ourensá de Fútbol, José Luis Cachaldora.

A construción do novo campo de fútbol, propiedade do Concello de Xinzo, foi financiada pola Deputación de Ourense non 80% do seu presuposto con cargo ao Plan de Infraestruturas Deportivas, sendo o investimento da institución provincial de 240.000 euros.
Manuel Baltar destacou no acto de inauguración, no que estiveron presentes máis dun centenar de nenos e xóvenes pertencentes ás categorías de fútbol base de Xinzo, "a importancia do apoio ao deporte", afirmando que a aposta polo desenvolvemento de infraestruturas, proxectos e actividades relacionadas co deporte "son das iniciativas que máis satisfación poden dar a un responsable institucional, porque no deporte aúnanse os valores máis positivos do ser humano: esforzo, compañeirismo, saúde, colaboración, benestar e práctica da actividade física".

Baltar dixo que unha das mellores ensinanzas que lles podemos dar aos nosos fillos son a convivencia nun ambiente saudable e unha educación en valores, e iso é precisamente o que define ao deporte, e o que foi a traxectoria vital de José Antonio Fernández "Carrera", cuxo nome quedará para sempre no recordo do deporte en A Limia e na provincia de Ourense".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El Gobierno de Xinzo responde a las dudas de Lama sobre el campo de A Moreira Vella inaugurándolo este sábado  
  Lama exige explicaciones por el retraso "inxustificado", dice, en la apertura del campo de A Moreira Vella de Xinzo  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, SÁBADO
 
Fomento licita toda la obra del AVE Madrid-Galicia entre Olmedo y Santiago en 2.332 millones de euros
Verea también se postula como posible ubicación de la macro incineradora de la Xunta de Galicia
Visto bueno de la Comisión de Pleno del Concello a la Ordenanza de las Actuaciones Comunicadas
El CHOU baja a 44 días las esperas en cirugía global y a 32 en consultas, según Núñez Masid
En Xinzo, Guillermo Vázquez acusa a PP y PSOE de estar buscando “desviar a atención dos problemas da xente”