Baltar reclama en Madrid que Ourense sexa "membro activo" da Federación Nacional de Embalses
 
"Unha provincia como Ourense, caracterizada polo seu potencial hidroeléctrico debe ser membro activo da Federación de embalses, para colaborar e formar parte da actividade institucional da federación", dixo este martes o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na reunión da Federación nacional de asociacións e municipios con centrais hidroeléctricas e embalses, na que Baltar é membro da súa executiva.
 
 
 
 
25 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou este martes en Madrid na reunión da Federación nacional de asociacións e municipios con centrais hidroeléctricas e embalses, na que se abordaron temas relativos á seca que aínda están a padecer moitas rexións de España. Baltar explicou os proxectos que está a desenvolver a Deputación de Ourense en materia de augas e as políticas e programas que neste ámbito está levando a cabo a institución provincial, favorecendo o aforro e a eficiencia a través da fusión de servizos aos concellos.

Manuel Baltar, membro da comisión executiva desta federación, destacou "a importancia de que as políticas medioambientais sexan especialmente activas e dinámicas nos pequenos concellos do rural, porque a riqueza e a competitividade destes municipios pasa por potenciar accións sostibles e por desenvolver iniciativas en clave ecolóxica e de protección do medio natural".
Baltar referiuse en concreto á xestión completa do ciclo da auga que fai a Deputación de Ourense, destacando o "Consorcio da Auga" que recentemente crearon os nove concellos de Valdeorras e a Deputación, así como os programas de saneamento e recollida de residuos sólidos dos que a Deputación de Ourense é un referente de ámbito nacional.

O presidente provincial afirmou que unha provincia como Ourense, caracterizada polo seu potencial hidroeléctrico "debe ser membro activo da Federación de embalses, para colaborar e formar parte da actividade institucional da federación, caracterizada polo asesoramento aos concellos e o desenvolvemento de programas que contribúan a dar solución aos problemas comúns as asociacións e concellos que integran este ente".
A Federación nacional de asociacións e municipios con centrais hidroeléctricas e embalses agrupa a un milleiro de concellos de España, e ten como obxectivo avanzar nas melloras medioambientais, económicas, de seguridade e de desenvolvemento social das comarcas onde están situadas presas e embalses.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 25, LUNES
 
Las juntas electorales proclaman este lunes las algo más de 300 candidaturas ...
Acusan al PP de A Merca de dejar pasar la oportunidad “histórica” de que la Xero se ubique aquí
El PP retira a Xinzo de Limia de la polémica por la posible ubicación de la incineradora para el Sur de Galicia
La Xunta de Galicia “garantiza” que no habrá nuevos parques eólicos en ningún espacio de la Red Natura
Arranca este lunes la programación del nuevo Auditorio Municipal Ilduara de Celanova