Marga Martín acusa a Xunta dun "claro ataque ás persoas maiores e aos dependentes" en servicios sociais
 
O novo Decreto 99/2012 da Xunta de Galicia, que regula os servicios sociais comunitarios, "afectará directamente tanto aos usuarios dos servicios sociais coma ó Concello de Ourense, que deberán formar parte da cofinanciación dos mesmos". Da situación adbvertiu este luns a concelleira de Servizos Sociais, Marga Martín, que fixo unha análise por o miúdo da situación que xera este novo decreto.
 
 
 
 
 
24 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

O novo Decreto 99/2012 da Xunta de Galicia, que regula os servicios sociais comunitarios, "afectará directamente tanto aos usuarios dos servicios sociais coma ó Concello de Ourense, que deberán formar parte da cofinanciación dos mesmos". Así o afirmou este luns a concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, ao analizar as consecuencias que o novo Decreto terá tanto para os usuarios como para as propias arcas municipais.
O decreto define e regula o contido e funcionamento dos servizos sociais comunitarios -competencia dos Concellos e porta de entrada ó Sistema Galego de Servicios Sociais-establecendo criterios para a dotación de persoal ou financiación.

No que respecta ó custe para o usuario do Servicio de Axuda no Fogar de libre concurrencia, o decreto establece novidades sobre a financiación. Ata o de agora o servizo era gratuíto para tódolos usuarios cuxa capacidade económica era inferior ó 100% IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples) -unha media de 532,51 euros de IPREM-. Coas modificacións implantadas, o usuario cunha media de máis de 426 euros deberán pagar parte do servizo.
Segundo o análise da concelleira de Benestar Social, "as persoas con rendas altas se verán beneficiadas polo novo Decreto", xa que ata agora fixábanse diferencias ata o 600% do IPREM, e dende entrada en vigor dos novos criterios a partir do 250% do IPREM tódolos usuarios serán considerados por igual.

Tomando como referencia a un usuario de Axuda a Domicilio que reciba unha media de 20 horas mensuais, o incremento do copago veríase reflexado do seguinte xeito:

- Usuario con capacidade económica de 426,01 euros: Antes do decreto: servicio gratuíto; tralo decreto: o usuario deberá asumir entre 30 e 90,4 euros do custe do servizo.

- Usuario con capacidade económica de 1.065 euros: antes do decreto: 36 euros; tralo decreto: o usuario pagará entre 120,4 e 150,6 euros.

O Decreto recolle cambios na financiación tanto nos programas coma nos servizos da dependencia. Ata o de agora, o servicio era financiado a tres bandas: goberno central, autonómico, e no caso correspondente, os usuarios. Coas modificacións, a Xunta de Galicia asume un máximo de 9,7 euros/hora, sendo o total do custe (15,07 euros/hora) pagado entre usuario e Concello.

Os servizos xurídicos do Concello de Ourense están analizando o caso, “porque cremos que incumple a lei de dependencia, que en ningún caso menciona que os concellos deban  financiar programas nin servizos”. Con estes novos criterios, “persoas enfermas e con poucos recursos, previsiblemente deberán limitar ou incluso deixar de solicitar o servizo, pola imposibilidade de asumir dito coste”, segundo matiza Marga Martín.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO