Entregados este lunes os premios "Pura e Dora Vázquez" 2012 de narración e ilustración infantil e xuvenil
 
A escritora Celia Díaz, e en representación de Pilar Marcó a súa nai, xa que por razóns profesionais a galardoada non puido asistir ao acto, recolleron este luns os premios "Pura e Dora Vázquez" de narración e ilustración infantil e xuvenil que convoca anualmente a Deputación de Ourense.
 
 
 
 
 
24 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

A escritora Celia Díaz, pola súa obra Rugando, e a ilustradora Pilar Marcó, polo seu traballo que ilustra a obra narrativa gañadora, foron as premiadas na edición deste 2012 dos premios "Pura e Dora Vázquez" de narración e ilustración infantil, dotados con 3.000 euros.
No Salón de Plenos da Deputación de Ourense tivo lugar este lunes o acto de entrega dos premios.

O acto contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar; a escritora Celia Díaz, e en representación de Pilar Marcó estivo a súa nai, xa que por razóns profesionais a galardoada non puido asistir ao acto. Trala lectura das actas do xurado, Celia Díaz agradeceu o premio polo que supón de pulo para fomentar a lectura na mocidade "e tamén porque honra a figura de dúas escritoras tan sinaladas da nosa literatura como son Pura e Dora Vázquez".
 Pola súa banda, Manuel Baltar destacou que unir as palabras "Literatura" e "Ourensanía" aos nomes de Pura e Dora Vázquez "é acadar unha perfecta simbiose nas nosas letras porque constitúe un dos distintivos culturais máis importantes de Galicia".

Baltar dixo que as dúas irmás fixeron da literatura e da ourensanía "unha razón de ser e de existir", e que a Deputación de Ourense quere corresponder a ese recoñecemento constante que merecen Pura e Dora mantendo este premio coa mesma vixencia que o primeiro día, "porque elas foron pioneiras en escribir en galego para os cativos, e foron boas, xenerosas e sentimentais: boas como persoas, agromando sempre nelas a bondade; xenerosas como escritoras, pois quixeron compartir con todos a sía vida creativa, e sentimentais como espírito, porque cada palabra da súa obra chéganos ao máis fondo da emotividade".
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA