San Cibrao das Viñas acollerá o que será o primeiro Centro Verde que a Xunta constuirá na provincia de Ourense
 
O primeiro Centro Verde da provincia de Ourense construirase en San Cibrao das Viñas. Terá un orzamento de 844.000 euros, e as obras poderían comezar antes, incluso, deste verán. Trátase dunha infraestructura na cal se depositarán residuos industriais non perigosos para optimitar os custos de almacenamento, transporte e xestión. Nestes centros recóllense os residuos producidos por empresas, e xestiónase de forma conxunta a entrega aos correspondentes xestores autorizados.
 
 
 
 
23 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de adxudicar á UTE Vipeca-Construcciones Rodríguez S.L. a construción do primeiro Centro Verde da provincia de Ourense, que se instalará no concello de San Cibrao das Viñas. Trátase dunha actuación ambiental que conta co apoio económico do departamento que dirixe Agustín Hernández, xunto cos fondos FEDER, e que se construirá por un orzamento de máis de 844.000 euros. As obras poderán comezar antes deste mesmo verán.
De xeito paralelo ás necesidades de tratamento de residuos urbanos, estimouse necesaria a creación de infraestruturas para o depósito de residuos de carácter industrial non perigoso que polas súas características e volume non son indicados para seren depositados fóra do ámbito das propias empresas que os producen. Ese tipo de instalacións son os chamados centros verdes.

Segundo a Consellería de Medio Ambiente, os centros verdes son instalacións para a xestión de residuos industriais nos cales se realiza un tratamento conxunto: recepción dos residuos, agrupamento en lotes homoxéneos e almacenamento ata alcanzar un volume suficiente para seren transportados aos xestores finais, optimizando así os custos de transporte e xestión.
Para levar a cabo a construción e instalación do centro verde de San Cibrao será necesario realizar movementos de terras, instalar unha plataforma de descarga de residuos, establecer colectores, así como unha caseta de recepción. Esta acción, que beneficiará os residentes deste concello ourensá, está integrada e prevista dentro do programa de rexeneración de espazos degradados, incluído no Plan Xeral de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

Nestes centros recóllense os residuos producidos por empresas e xestiónase de forma conxunta a entrega aos correspondentes xestores autorizados.
Os centros verdes deberán dispoñer de varios contedores: para fluorescentes e baterías, de pilas, para tóner, para aceites e disolventes e para aerosois.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2011, SEMANA SANTA
 
Baltar Pumar cree que en Xinzo hay demasiados “cabreados” como para que alguno pueda ganar el
22-M
El PSOE advierte de que votar a los “cabreados” es votar al PP, y denuncia amenazas a socialistas
Ourense tendrá 9 listas, las mismas que en 2007, porque el POLI al final no se presenta
Rosendo Fernández cuestiona el “cronograma” del PSOE y dice que López Vidal es “o menos indicado”
79 conductores sancionados en Ourense en 8.800 controles por utilizar el teléfono móvil al volante