Ante a estatua de Blanco Amor, este domingo preséntase  A Esmorga en inglés, On a bender
 
On a bender é a traducción ao inglés de A Esmorga. A obra de Blanco Amor traducida ao inglés polo profesor de Cardiff, Gales, Craig Patterson, detacado investigado da literatura galega, peséntase este domingo na Alameda desta ciudade, diante da estatua do autor. A Deputación de Ourense patrocinou o proxecto de traducir ao inglés A Esmorga.
 
 
 
 
14 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

A estatua de Eduardo Blanco Amor será testemuña este domingo, a partires das 12 do mediodía, da presentación por primeira vez en Galicia da edición de A Esmorga (On a bender) traducida ao inglés, un proxecto patrocinado pola Deputación de Ourense e realizado polo profesor de Cardiff (Gales), Craig Patterson, destacado investigador da literatura galega.

O acto do domingo contará coa presenza do propio Craig Patterson; do poeta e presidente do Centro PEN de Galicia, Luís González Tosar; do director de Produción de Galaxia, Xosé Soutullo –editorial que cedeu os dereitos de edición da obra-; do deputado provincial de Cultural, Antonio Mouriño, e do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e consistirá na presentación desta nova e singular edición de A Esmorga traducida ao inglés e da lectura de diversos parágrafos da obra, en inglés e galego.

Deste xeito, A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, ve agora a luz nun dos ámbitos literarios máis potentes de Europa, o anglosaxón, e deste xeito, a considerada por moitos a mellor novela galega de todos os tempos, ponse ao alcance de millóns de lectores do mundo engrandecendo así os horizontes da nosa literatura, cada día máis internacional.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL