O Municipal completa a posta en valor dos seus fondos coa exposición de lenzos de Ana Ferreiro
 
O Municipal de Ourense (Rúa Lepanto) completa a posta en valor dos seus fondos coa exposición dos lenzos da artista ourensá ana Ferreiro. Pinturas en diverso formato caracterizadas pola luminosidade, a representación figurativa e a exactitude académica.
 
 
 
 
14 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

Continuando co traballo que o Museo Municipal de Ourense está a desenvolver pola difusión e posta en valor das obras que integran os seus fondos, este venres presentouse a última proposta artística: unha colección de lenzos da pintora ourensá Ana Ferreiro.
A exposición leva por título o propio nome da autora  e comprende unha serie de pinturas de diverso formato caracterizadas pola luminosidade, a  representación figurativa  e a exactitude académica.
A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, destacou que esta exposición estás marcada "por un sentir ourensán e feminino, conectando á perfección coa reivindicación dos Nosos Fondos que facemos desde o Museo".
Poderá visitarse até o vindeiro 6 de maio.

A pintora Ana Ferreiro forma desde 2010 parte do Museo Municipal, sendo autora do  obra nº 220 no Inventario Artístico Municipal; Unha perfección da luz, da imaxen e dos sentimentos.
O dominio das materias coas que traballa, pintura e pinceles, plásmase nas imaxes que compón, retrato sobre todo, máis tamén paisaxes e bodegóns.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA