A Gala Festiclown Palestina chega a Ourense o luns dentro da Mostra Internacional de Teatro
 
A MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario, que bota a andar este mesmo venres, ten o luns un compromiso moi especial e solidario: a Gala Festiclown Palestina que foi presentada este venres. O espectáculo conmemora en Ourense o proxecto que Pallasos en Rebeldía desenvolveu en 2011 en territorio palestino, levando o humor e a risa a máis de 10.000 persoas. O luns, ás 20:30 Hs.
 
 
 
 
 
14 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

Dende este venres, día 13, até o 28 de abril, Ourense volve convertirse na capital do teatro da man dunha nova edición da MITEU, a mostra escénica universitaria que cumpre xa 17 anos.
Un dos pratos fortes desta nova edición, que conta unha vez máis co apoio destacado da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, será a Gala Festiclown Palestina.
O espectáculo conmemora o proxecto que Pallasos en Rebeldía desenvolveu en 2011 en territorio palestino, levando o humor e a risa a máis de 10.000 persoas, e contará coa presenza de dous dos mellores clowns internacionais de hoxe en día, Leo Bassi e Johnny Melville.
A cita é para o luns, día 16, ás 20.30 e o prezo da entrada é 5 euros.
Seguindo o compromiso solidario que inspira a iniciativa, toda a recadación destinaráse as accións de Pallasos en Rebeldía en Palestina.

A gala foi presentada este venres no Auditorio Municipal pola tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, quen estivo acompañada polo representante de Pallasos en Rebeldía, Nacho Fungairiño, e Sabela Gago, de Sarabela Teatro, organizadores da MITEU.
Na súa intervención a resposábel de Cultura destacou o "compromiso solidario que impregna este ano a nova edición da MITEU", e defendeu a importancia da MITEU  "que convirte a Ourense un ano máis en centro de creación artística". Pola súa banda, o voceiro de Pallasos en Rebeldía agradeceu ás institucións colaboradoras e á propia organización "a oportunidade de trasladar a Ourense a que foi a primeira gala clown celebrada no mundo árabe".

A Gala Festiclown Palestina, conducida por Xose Lois o Carrabouxo, contará coa presenza dos artistas que estiveron actuando nos territorios ocupados: Leo Bassi, Johny Melville, o Mago Teto e Sue Moreno subiránse ao escenario acompañados pola música dos Sonoro Maxín.
Como complemento, proxectaránse dous documentais rodados na propia Palestina.
Todos os artistas participantes renunciaron o seu caché a favor de recadar fondos para unha segunda experiencia solidaria.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Do 13 ao 28 de abril, Ourense acolle a 17 edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, JUEVES
 
Baltar Pumar lleva la contraria a su partido y dice que si no fuera por Blanco “Ourense tería que seguir esperando”
El POLI a punto de quedarse sin cabeza de lista y con problemas para completar los 27 candidatos
La alcaldesa de Carballeda de Valdeorras denunciada por agresiones verbales a la candidata del PSOE
La Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ourense quiere ahora una entrevista con Pilar Farjas
A Rúa convocada este jueves a una concentración de protesta contra la no apertura del Centro de Día