Homenaxe á Alameda do Concello este xoves coa recuperación das árbores que lle dan nome a este espazo
 
Seguiron este xoves os actos do Concello de Ourense pola Día da Árbore. Seguíronse plantando árbores, e o Concello de Ourense tributou homenaxe a Alameda que leva o seu nome plantando aquí dos álamos, a árbore que lle da precisamente nome a espazo senlleiro da cidade.
 
 
 
 
 
23 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

Seguiron este xoves na capital ourensá os actos en conmemoración do Día da Árbore. A concelleira de Medio Ambiente, Marta Arribas, participou nunha nova acción de plantación, esta no Parque Ribeiriño, onde estivo acompañada polos alumnos e alumnas de primaria do Colexio José García Mende. En total plantáronse 9 árbores das especies Betunas alba (bidueiros), Celtis Australis (lodoeiros) e Fagus Sylvatica (Faias/Hayas).

O comezo da temporada de plantación, iniciouse este mércores coincidindo co propio día do árbore. En total plantaranse 329 árbores novos na cidade.
Marta Arribas sinalou que "todos os días do ano son días da árbore, xa que as árbores fan posible que teñamos unha cidade máis humana".

Así mesmo, o Concello de Ourense rendiu tamén este xoves homenaxe á Alameda do Concello coa recuperación das árbores que lle deron nome.
A plantación de dous álamos "lembra o compromiso co medio ambiente e recupera a tradición do nome do contorno, Alameda do Concello", sinalou o alcalde da cidade ao explicar este acto no que a arquitecta medioambiental Aricia Rodríguez deu tamén detalles técnicos das árbores.

No acto, ao que asistiu tamén o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez pedíu aos escolares que participaron nel o seu compromiso co medio ambiente, e lembroulles que "sodes esenciais para ensinar valores, incluso aos maiores, co voso exemplo".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Medio Ambiente do Concello pranta estes días 329 árbores máis nos barrios da cidade  
  No Día da Árbore a Deputación de Ourense regalou aos cidadáns máis 2.000 castiñeiros e carballos  
  No Día Mundial da Auga, a cidade de Ourense ten pouco que celebrar, di Amigos da Terra  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 23, MIÉRCOLES
 
Ourense se sitúa como la gran sospechosa de todo el Estado en manipulación de censo electoral
El PP halla ocho nuevos casos del agravio a Ourense de Fomento soterrando las vías del AVE
El BNG cambia de estrategia con respecto a PP y PSOE y ubica su Oficina Electoral en la sede del partido
El Auria inserta eficazmente en el mercado laboral no menos de un 60%, según datos del Concello de Ourense
Roban más de 700 frascos de perfume valorados en 43.000 euros de una perfumería de Verín