No Día Mundial da Auga, a cidade de Ourense ten pouco que celebrar, di Amigos da Terra
 
No Día Mundial da Auga, Amigos da Terra considera que a cidade de Ourense ten moi pouco que celebrar. A non ser as continuadas agresións que sofren os ríos que a atravesan. Ata o punto que o colectivo propón cambiar o eslogan termal desta cidade por un Ourense Ten mal as augas. "Chegamos xa a unha situación extremadamente residual", conclúe Amigos da Terra.
 
 
 
 
 
22 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

"Pouco temos que celebrar no Día Mundial da Agua que se celebra este 22 de Marzo", asegura o colectivo Amigos da Terra ante a celebración deste xoves.
"Os nosos ríos ao seu paso pola cidade de Ourense estanse vendo atacados frecuentemente por vertidos incontrolados procedentes da incorrecta xestión dos sistemas de saneamento e depuración das augas, que conlevan á causación continua de danos ambientais a un recurso vital e limitado como é a auga", sinala Amigos da Terra ante unha data que o colectivo plantexa só de xeito reivindicativo.

Destaca que nos últimos meses véñense producindo continuos verquidos no río Miño, na zona das Pozas de Maión, verquidos no Barrio de Vistahermosa ao carón do paseo da Ninfas, verquidos da depuradora de Reza e os verquidos na Ponte do Milenium do pasado fin de semana que chegaron ata enfronte da zona da Chavasqueria.
"Con este espectáculo de malas augas, estase promocionando a imaxe turística da cidade Ourense Termal cun novo lema que reflexa mellor a realidade: Ourense Ten mal as augas", propoñen Amigos da Terra.

Sinala o colectivo que dispoñendo dunha estación de bombeo de augas inaugurada fai seis meses e que non está posta en funcionamento; unha depuradora de augas que non ten capacidade para tratar as aguas de saneamento; o río Miño sometido a seca e as variacións de caudais segundo os intereses das centrais hidroeléctricas; e o río Barbaña contaminado por sucesivos verquidos industriais, "chegamos xa a unha situación extremadamente residual", conclúe.
O colectivo pide as admnistracións públicas que exerzan as súas obrigas no cumprimento da lexislación.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, MARTES
 
El Concello califica de “excusas para non facer” la documentación del solar de O Couto requerida por la Xunta
La Xunta pide más documentación de los terrenos de la futura Cidade da Xustiza de Ourense
Rodríguez trasladó a Feijóo la “urxente necesidade” de corregir los efectos de la anulación del PXOM de 2003
El BNG quiere saber qué hay de cierto en la posible construcción del Puerto de Xinzo de Limia
El alcalde de A Merca le cuesta al Concello cerca de 5.000 euros/mes con la Seguridad Social