No Día da Árbore a Deputación de Ourense regalou aos cidadáns máis 2.000 castiñeiros e carballos
 
Para conmemora este mércores o Día da Árbore, a Deputación Provincial de Ourense entregou aos cidadáns máis de 2.000 castiñeiros e carballos para promover a defensa da natureza e as prácticas medioambientais sostibles. O reparto de árbores por parte da Deputación realizouse tamén nos barrios de A Ponte, O Vinteún, Mariñamansa, O Couto, San Francisco e avenida de Bos Aires, ademais da rúa do Paseo, onde tivo lugar o acto central.
 
 
 
 
 
22 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, dixo este mércores na celebración do Día Mundial da Árbore 2012 que un país "se mide polas súas xentes e a súa natureza, porque a convivencia cívica e un medio ambiente saudable son o mellor termómetro para determinar o grao de madurez dunha sociedade".
O dixo no acto conmemorativo sobre a árbore que tivo lugar na rua do Paseo de Ourense, onde, baixo o lema "Vida!", a Deputación Provincial entregou aos cidadáns máis de 2.000 castiñeiros e carballos para promover a defensa da natureza e as prácticas medioambientais sostibles.

O reparto de árbores por parte da Deputación realizouse tamén nos barrios de A Ponte, O Vinteún, Mariñamansa, O Couto, San Francisco e avenida de Bos Aires, nunha xornada na que Manuel Baltar quixo unir a celebración do Día da Árbore á do Día da Auga que se conmemora este xoves, "porque árbores e auga son dous dos elementos fundamentais para o desenvolvemento da vida nos nosos concellos, algo no que a Deputación de Ourense pon especial acento desenvolvendo políticas de excelencia e de escrupuloso respecto polo medio natural", dixo o titular da Deputación ourensá.

Neste sentido, lembrou a recente posta en marcha dunha central de biomasa no concello de Trasmiras, pioneira en Galicia, para o aproveitamento da masa forestal, e dos proxectos que está a desenvolver o goberno provincial na xestión do ciclo da auga, destacando o "Consorcio da Auga" que días pasados se estudou crear cos nove concellos de Valdeorras, así como os programas de saneamento e recollida de residuos sólidos dos que a Deputación de Ourense é un referente de ámbito nacional.

A Deputación de Ourense considera fundamental a promoción de actividades que poñan en valor unha "educación en natural" que conciencie a todos sobre a importancia da conservación das especies arbóreas da nosa provincia, "e iso debe ir acompañado de políticas que potencien os espazos verdes, que contribúan á reforestación co especies autóctonas e que preveñan ao noso monte dos graves danos que causan os incendios forestais", explicou Manuel Baltar.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Medio Ambiente do Concello pranta estes días 329 árbores máis nos barrios da cidade  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, MARTES
 
El Concello califica de “excusas para non facer” la documentación del solar de O Couto requerida por la Xunta
La Xunta pide más documentación de los terrenos de la futura Cidade da Xustiza de Ourense
Rodríguez trasladó a Feijóo la “urxente necesidade” de corregir los efectos de la anulación del PXOM de 2003
El BNG quiere saber qué hay de cierto en la posible construcción del Puerto de Xinzo de Limia
El alcalde de A Merca le cuesta al Concello cerca de 5.000 euros/mes con la Seguridad Social