Medio Ambiente do Concello pranta estes días 329 árbores máis nos barrios da cidade
 
A cidade de Ourense ten 3.750 árbores, segundo datos da Concelleira de Medio Ambiente. Este mércores, os técnicos do departamento que dirixe Marta Arribas deron comezo aos traballos para fixar outras 329 árbores na cidade. Este ano casi se prantará o dobre que o ano pasado, 329 árbores en 2011 por 180 no 2011.
 
 
 
 
 
22 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

Técnicos da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense deron comezo este mércores aos traballos para fixar un total de 329 árbores máis na cidade. Esta prantación de novos exemplares, repártese en diferentes zonas da cidade, e moitos deles corresponden a reposicións polos numerosos actos vandálicos sufridos na cidade, segundo explica o departamento que dirixe Marta Arribas.

O comezo da temporada de plantación se realiza unha vez rematada a temporada de poda, na cal se fixeron estes traballos en moitas zonas verdes da cidade. Entre elas cabe destacar a poda nas inmediacións da Praza de Abastos, no rianxo, despois de décadas sen terse realizado.

Tal e como sinalou Marta Arribas "traballamos para a recuperación da vexetación arbórea nas rúas de Ourense, o cal é sinónimo de calidade de vida". Ademáis, prodúcese un aumento considerable no número de especies plantadas, ao pasar de 180 no 2011 ás citadas 329 deste ano.
En termos absolutos, o número total de árbores da nosa cidade é de 3.750, sumadas as 650 da zona Centro-As Lagoas, as 395 que existen no Casco Vello da cidade e no barrio de San Francisco, as 1.121 de O Couto e a Carballeira, e as 820 do barrio de A Cuña e 764 na Ponte.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  No Día da Árbore a Deputación de Ourense regalou aos cidadáns máis 2.000 castiñeiros e carballos  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, MARTES
 
El Concello califica de “excusas para non facer” la documentación del solar de O Couto requerida por la Xunta
La Xunta pide más documentación de los terrenos de la futura Cidade da Xustiza de Ourense
Rodríguez trasladó a Feijóo la “urxente necesidade” de corregir los efectos de la anulación del PXOM de 2003
El BNG quiere saber qué hay de cierto en la posible construcción del Puerto de Xinzo de Limia
El alcalde de A Merca le cuesta al Concello cerca de 5.000 euros/mes con la Seguridad Social