O Proxectoterra trae a Ourense a escolares de Pontevedra e a semana que ven os de Ourense irán a Santiago
 
50 rapaces de Educación Secundaria de Pontevedra coñecen Ourense estos días achegándose aos seus espazos históricos e contemporáneos máis significativos. A visita forma parte do Proxectoterra, e realízase en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia. O vindeiro mércores serán os alumnos do IES Blanco Amor desta cidade os que viaxen a Santiago de Compostela para coñecer esta cidade.
 
 
 
 
14 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Educación do Concello de Ourense, Ana Garrido, vén de recibir aos alumnos e alumnas de 3º de Secundaria do CPI Padín Truiteiro, de Soutomaior, Pontevedra, que visitan a cidade de Ourense dentro do programa Proxectoterra.
A visita deu comezo na Alameda do Concello, e foi seguida dun paseo polo casco histórico, ruta en autobús polo barrio de Lagoas e o Campus Universitario e unha visita á fabrica de textil da Lonia. Xa pola tarde a visita concluíu cun baño nas termas de Outariz e a Chavasqueira.

O “Proxectoterra, arquitectura e cidade”, está dirixido a alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria, que durante un día fan un percorrido visual por unha das cidades galegas (Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago, Vigo e Pontevedra) no que os mozos e mozas se achegarán ós espazos históricos e contemporáneos máis significativos, de cada cidade.
Trátase dun programa de intervención educativa da Concellería de Educación en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia e persegue coma fin principal contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial, dun xeito lúdico e práctico.

No ámbito do programa realízanse intercambios do alumnado entre as cidades galegas, e o mércores, 14 de marzo, serán 50 alumnos de 3º de Educación Secundaria do IES Blanco Amor os que viaxarán a Santiago.
A súa chegada á capital galega os escolares visitarán o Parlamento de Galicia, coincidindo coa sesión de preguntas do Goberno, seguido dun paseo polo centro histórico, com parada no Museo do Pobo Galego e na facultade de xornalismo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garrido  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA