Xinzo recordou con unha semana de actos que remataron este sábado, ao escritor Carlos Casares
 
O poeta e escritor Xosé Carlos Caneiro e o cantante e compositor Emilio Rúa, foron os encargados este sábado de pechar a semana de actos en homenaxe a Carlos Casares que organizou o Concello de Xinzo de Limia. Previamente, tivo lugar un Encontro-Cea ao que asitíu o conselleiro de Cultura e familiares e amigos de Carlos Casares, entre outros.
 
 
 
 
 
12 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

O recital e concerto "Despois de tí, a Chuvia" do poeta, escritor e periodista Xosé Carlos Caneiro, e do compositor e músico Emilio Rúa, pechou este sábado os actos cos que a Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia honrou e recordou a Carlos Casares Mouriño.
"Despois de tí, a Chuvia", é un exercicio de solidaridade entre dous artesáns das verbas e da música, e o disco xestouse durante o ano 2011 e editouno Francisco Castro da Editorial Galaxia.

Previamente tivo lugar un Encontro-Cea de peche da semana de actos, no que parcipou, entre outros, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad. Ademais de outras autoridades e representantes do Concello de Xinzo, e familiares e amigos de Carlos Casares.
O propio conselleiro foi o encargado de presidir a clausura da Feira do Libro Limiao.
Os actos comezaron con unha ofrenda floral ao pé da placa homenaxe a Carlos Casares na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA