En marcha 5 novos cursos gratuitos para voluntarios do Concello de Ourense
 
O Concello de Ourense ten 129 voluntarios en plantilla, sinalou a concelleira Mónica Vázquez ao presentar este mércores o Plan Formativo nesta materia e para este semestre. Tódolos cursos, cinco en total, están deseñados para aquelas persoas que dan os seus primeiros pasos no eido do voluntariado e queren comprometerse con este traballo, e o primeiro deles comeza o día 13 deste mes.
 
 
 
 
8 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Voluntariado do Concello de Ourense, Mónica Vázquez, presentou este mércores o Plan Formativo en materia de Voluntariado para este semestre, baixo o lema "Embárcate con Nós".
Dende esta Concellería estanse a desenvolver actividades ao longo de todo o ano para fomentar a participación e implicación de todos aqueles interesados en labores de voluntariado, así como a realización de campañas informativas para pór en valor o traballo das persoas que de xeito anónimo e sen ánimo de lucro se implican en tarefas de axuda a outros, sinalou Mónica Vázquez.

A Concellería de Voluntariado propón aos voluntarios e voluntarias unha ampla oferta para que adquiran os coñecementos necesarios para desenvolver a súa labor solidaria: curso de primeiros auxilios, formación en igualdade de oportunidades, cooperación internacional ou voluntariado medioambiental.
Todos eles están deseñados para aquelas persoas que dan os seus primeiros pasos no eido do voluntariado e queren comprometerse con este traballo.

As accións formativas comezan cun curso de iniciación ao voluntariado, que da comeza o día 13 deste mes e que amplía o seu prazo de inscripción ata o luns 12 de marzo.
Todos son gratuítos, sendo o único requisito para poder participar no curso básico de iniciación ó voluntariado estar inscrito como voluntariado na Oficina Municipal de Voluntariado ou acreditar ter recibido formación básica en voluntariado.

Actualmente o Concello conta con 129 voluntarios (52 homes e 77 mulleres) de tódalas idades, que ó longo de todo o ano se implican en actividades municipais como o Camiño Escolar, programa da Cocnellería de Educación que formenta os desprazamento á pe á escola, ou amosando a súa colaboración con asociación da cidade, como é o caso do apoio educativo á asociación Afrolatina ou na Asociación APES para a prevención da exclusión social.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Mónica Vázquez  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA