A Feira do Viño de O Ribeiro potenciará a enogastronomía nesta 49 edición que recupera as datas de maio
 
Presentouse oficialmente este mércores a 49 edición da Feira do Viño de O Ribeiro, que cambia de datas para recuperar as de sempre, as dos primeiros días do mes de maio. O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, compareceu seguro de que a Feira do Viño vai ter nesta edición o "definitivo" pulo que lle compre, ao que axudarán as actividades enogastronómicas.
 
 
 
 
 
8 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, presentou este mércores en rolda de prensa o programa de actividades enogastronómicas programadas para os vindeiros 5 e 6 de maio co gallo da celebración da XLIX Edición da Feira do Viño do Ribeiro. O alcalde comentou que o cambio de datas vai ser "definitivo", e que se consolidará durante a primeira semana de maio.
"As actividades enogastronómicas axudarán a consolidar a Feira do Viño, e servirán para vincular os nosos caldos coa comida de calidade e converternos nun destino turístico gastronómico de primeiro nivel", sinalou Marcos Blanco.

Entre as actividades propostas destacan os obradoiros de cociña ou showcookings, nos que participarán os mellores cociñeiros de Galicia, e que maridarán os viños do Ribeiro con cociña galega innovadora e tradicional.
Ademais haberá actividades de cociña para nenos, obradoiros para os visitantes e talleres de maridaxe. O reputado cociñeiro Dani Guzmán será o coordinador destas actividades enogastronómicas e que contribuirán a dar unha imaxe de calidade ao viño do Ribeiro.
Outra das actividades consistiriá nunha promoción do comercio local a través do mercado municipal. "Visitarase a praza de abastos de Ribadavia para aprender a madirar os produtos galegos tradicionais cos viños do Ribeiro, contribuíndo a dar a coñecer os produtos da horta e alimientación da nosa terra", explicou o rexedor municipal ribadaviense.

O alcalde salientou que a inclusión deste tipo de actividades contribuirá a darlle un cambio definitivo e unha maior profesionalización á Feira e a fomentar unha mrior interactividade e participación dos visitantes, turistas e profesionais hostaleiros. Ademais de axudarlle aos bodegueiros a conseguir contactos útiles.
Agárdase a presenza de máis de 30 adegueiros e colleiteiros.

O prezo para os que participen nas actividades enogastronómicas será de 4 euros e de 2 para as persoas en paro.
O presidente do Consello Regulador D.O. Ribeiro, Luís Anxo Rodríguez, expresou a súa satisfación polo cambio de datas e a realización de novas actividades que lle dean un impulso á Feira e unha maior proxección.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  América descubrió el Ribeiro en 1492 y el "Tren dos Viñedos" mostrará al visitante la comarca  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 8, MARTES
 
Aparece el POLI en la capital ourensana y otras tres alternativas más al PP en la provincia
“Es muy fácil pedir firmas a tu nombre”, dice Poly Novoa, quien se desmarca del POLI
De la renovación de 35 cabezas de lista del PP en Ourense, sólo 15 son verdaderas caras nuevas
El PSOE exigirá a Feijóo que diga si la Xunta está con el PP de Ourense en “obstaculizar” el AVE
El INDICEO dibuja un Ourense marcado por el deterioro laboral y la desaparición de empresas