Presentada a andaina "Ourense Cidade Termal" que abre o calendario das andainas deste ano
 

Un percorrido de 28 quilómetros que descorren polas beiras do Miño e do Loña xa está disposto para a que fará o domingo, día 5 de marzo, a novena edición da andaina "Ourense Capital Termal" que se presentou este mércores. Con esta andaina ábrese o calendario anual, xa que é a primeira deste calendario, sinalou este mércores o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, ao presentar esta proba.

 
 
 
 
Fotografía : M. PAZOS 
 
9 de FEBREIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O vindeiro domingo, 4 de marzo, Ourense será escenario dunha nova edición da andaina “Ourense Capital Termal”. Con esta edición, que é a novena, iníciase o calendario de andainas, xa que é a primeira do ano.
Así o explicou esta mañá o Concelleiro de Deportes, Fernando Varela, quen destacou que “neste tempo de recortes, para nós é importante seguir a fomentar actividades que son saudábeis para as persoas”.

A proba está organizada pola Concellaría de Deportes e o Clube Ourensano de Cultura e Ocio, CUCO. A presentación tivo lugar este mércores no Salón de Plenos coa presenza, ademáis do nacionalista Fernando Varela, de José Willy García Calvo, director da proba, e Manuel Mosquera, Xerente do CMD, e José Ramón Pérez Nieto, do Grupo Pérez Rumbao, patrocinador da andaina.
O percorrido desta IX edición será de 28 quilómetros e descorrerá pola beira dos ríos Miño e Loña, atravesando lugares emblemáticos da cidade como son o Castro de Santomé, o Camiño de Santiago (Vía da Prata) ao seu paso por Cudeiro e Sartédigos, e fundamentalmente pola zona termal do Río Miño, polas termas do Muíño e de Outaríz.

Tal e como explicou Fernando Varela “aparte de apoiar estilos de vida saudábeis, pomos en valor as nosas zonas e o noso patrimonio”. O Concelleiro nacionalista, tamén tivo palabras de agradecemento para todas as persoas que fan posible o desenvolvemento da andaina, traballadores, patrocinadores así como outras concellarías coma transportes e limpeza que fan posíble que todo decorra con total normalidade.
A inscrición ten un custe de 7 €, e poderase facer entre os días 13 de febreiro e o 3 de marzo no Pavillón dos Remedios, o nas oficinas de Nova Galicia Banco e La Caixa. Co comprobante do pagamento, realizarase a inscrición  no propio Pavillón dos Remedios ou en Deportes Redonet.

“Non é unha proba competitiva, é unha proba participativa”, polo que o director anima a todo o público maior de 16 anos a apuntarse a esta edición. Ademáis o porcentaxe de baixas e lesións é moi reducido.
O pasado ano, 482 persoas participaron na andaina que ten un límite de 500 participantes.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, MIÉRCOLES
 
A 100 días para los comicios, las 3 principales fuerzas en Ourense entran en la carrera de las Municipales de mayo
El PP llevará su Taller de Ideas a los 5 distritos de la capital y a las grandes villas de la provincia
Rodríguez impartió las claves a los 30 del equipo redactor del Programa del PSOE de los comicios de mayo
Las protestas por el traslado de Toén a Piñor llegan a las calles de la ciudad este miércoles
El Xantar cerró en 2011 con un 1,4% más de visitas que en la pasada edición, 22.250 visitantes