Chega a Ourense esta semana un ciclo de teatro para previr aos mozos no consumo de alcol
 
Un ciclo de representacións teatrais para estudiantes de segundo ciclo da ESO da obra "Mimarte", reforza as actuacións da Concellería de Saúde do Concello de Ourense en materia de prevención de consumo de alcol entre os mozos. O ciclo conformano 9 representacións que se levarán a 6 centros educativos para un total de 870 estudantes desta cidade
 
 
 
 
6 de FEBREIRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense reforza os seus programas de prevención do consumo de alcol entre os mozos ourensáns cunha nova actividade, que consistirá nun ciclo de representacións teatrais para estudiantes de segundo ciclo da ESO da obra de teatro “Mimarte”, a cargo do mimo escocés Peter Roberts.

O Concello de Ourense pon en marcha un ciclo de teatro co que a Concellería de Saúde quere reforzar os seus programas de prevención do consumo de alcol entre os mozos ourensáns.
Serán representacións para estudiantes de segundo ciclo da ESO da obra de teatro "Mimarte", a cargo do mimo escocés Peter Roberts.
Inclúe un total de 9 representacións que se desenvolverán durante esta semana en 6 centros educativos da cidade: IES As Lagoas, Colexio Divina Pastora, IES Blanco Amor, IES Otero Pedrayo, IES A Laboral e IES O Couto.

Esta actividade forma parte da campaña “Eu penso en ti. Sen alcol. Con liberdade para pensar” que dende o pasado mes de novembro desenvolve a Concellería de Saúde do Concello de Ourense para fomentar a prevención do consumo de bebidas alcólicas por parte dos menores. Coa obra preténdese que os mozos tomen conciencia dos riscos asociados ao consumo de alcol e da importancia da súa prevención, usando a arte como medio xerador de valores para que o espectador recoñeza a relación causa-efecto entre o abuso do alcol e os problemas sociosanitarios.

Peter Roberts é un mimo escocés afincado en San Sebastián. Deu forma á súa propia compañía en 1979, co fin de investigar arredor das posibilidades da comunicación non verbal. Dende entón, vivindo con e pola ilusión combina a interpretación coa docencia. Os seus coñecementos da Arte do Mimo convertérono en autor do libro "Mimo, a arte do silencio", publicado en 1983 e reeditado en 1991. Dirixe "O Taller de Mimo" e imparte cursos organizados por diversas institucións públicas para actores, profesores, estudantes e amantes da pantomima e a ilusión.
Durante o período de rehabilitación tras un accidente de tráfico no que se viu involuntariamente involucrado formulou o “Proxecto Mimarte”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Peter Roberts  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA