Rematou outra edición de "Contacontos", a primeira na que os alumnos poideron escoller o idioma da obra
 

Rematou este xoves a actividade "Contacontos" da Concellería de Educación do Concello de Ourense, pola que pasaron este pasado ano 1.250 alumnos dos centros de Educación Primaria da cidade. A principal novidade de esta edición que xa rematou foi a posibilidade dos nenos de escoller o idioma da obra entre galego, castelán ou inglés

 
 
 
 
20 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL
Unha selección de lendas sobre os principios da cidade de Ourense e os seus vínculos coa auga, interpretadas e entrelazadas por monitores e coreadas polos nenos, constituíron este curso o esqueleto central da actividade da Concellería de Educación “Contacontos”, dentro do Programa de Animación á Lectura, segundo ven de informar o departamento que dirixe a concelleira socialista, Ana Garrido.
A actividade, da que foron partícipes un total de 1.250 alumnos de Educación Primaria da Cidade, rematou este xoves a súa edición 2011-2012 cun acto de clausura no CEIP Manuel Sueiro, ó que asistiu a propia concelelira de Educación, e na que participaron 20 alumnos de Primaria do propio centro.

A principal novidade da edición deste ano foi a posibilidade por parte dos cativos de escoller a versión dos contacontos, tanto en galego, como en castelán ou en inglés. Deste xeito, preténdese motivar á lectura por medio da ilustración e a oralidade, á vez que se fomenta a aprendizaxe dos propios idiomas.
Na actividade participaron profesores da Escola Municipal de Artes Escénicas, que fixeron partícipes ós nenos para que pasen de ser meros espectadores, a xogar un papel activo na función.
O tema globalizador do programa de Animación á Lectura, na que se enmarca a actividade, son este curso os ríos, as termas e as fontes da nosa cidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garrido  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA