A Gala de Cantares e Agarimos "Lela" chega ao Pavillón de Xinzo de Limia este venres

 
O Pavillón de Deportes de Xinzo acolle este venres a Gala de Cantares e Agarimos "Lela" que celebra 50 anos da posta en escena de "Os vellos non deben namorarse" de Castelao. A montaxe chega a Xinzo orgnizada pola Agadic e polo Concello, con entrada gratuita
 
 
 
 
 
29 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia acollerá este venres, 30 de decembro, a Gala de Cantares e Agarimos "Lela", que organiza Agadic e o Concello de Xinzo.
A obra de Castelao "Os vellos non deben namorarse" serve de fío conductor á nova gala coa que Cantigas e Agarimos 50 anos, médio século, que se cumplen dende a primeira representación que fixera de esta obra. E que tivo lugar en América.

Neste espectáculo interveñen máis de 80 persoas, que tentarán trasladar ao espectador no tempo levándoo nunha viaxe imaxinaria pola historia de Galicia e as raizames.
Ao tempo que se cumpren 50 anos daquela representación da obra de Castelao, a Agrupación cumpre 90 e trae a Xinzo esta montaxe.
Cantigas e Agarimos, coral instumental, grupo de baile e pandereteiras, sinala que se trata de "un espectáculo de calidade, no que máis de 80 personas comibnan música, vestiario e pinceladas de teatro, todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente".

O espectáculo comeza ás 20:30 Hs. e a entrada é de valde.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO