Baltar reproba que o Concello de Ourense non axude "nen siquera" co transporte á Pazolandia
 
Baltar Pumar presentou este mércores unha nova edición da Pazolandia reprobando que o Concello de Ourense non axude "nen sequera poñendo transporte gratuito", ao tempo que se reafirmou en que a axuda da institución provincial a esta actividade é necesaria e debe serguir. Agárdanse máis de 20.000 cativos a partires do día 25 e ata o 4 de xaneiro
 
 
 
 
 
22 de DICIEMBRE de 2011: OURENSE DIXITAL

Máis de 20.000 nenos que viaxarán dende toda a provincia se agarda que se acheguen a Pazolandia para disfrutar das 25 atraccións e obradoiros que a organización planificou para este ano. A Pazolandia 2011 abre as súas portas o domingo, día 25 de decembro.
A presentación desta nova edición da Pazolandia tivo lugar este mércores na Deputación de Ourense, coa presenza, entre outros, do presidente da institución, José Luis Baltar e o director do Pazo Paco Paz, Ángel Cid Manzano.

José Luis Baltar dixo que a pesares de que o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia non colaboran nesta edición de Pazolandia "a Deputación de Ourense ten claro que non podemos deixar de lado aos nenos e temos que seguir apoiando iniciativas de ocio para eles, tan importantes nestas datas, que si son importantes para os nenos da cidade posiblemente o son máis para os nenos dos pequenos pobos, e por iso a Deputación está e seguirá estando cos nenos".
Baltar lamentou que o Concello de Ourense non queira colaborar “nin sequera poñendo transporte gratuíto para que os nenos poidan achegarse ao Pazo Paco Paz durante os días de Pazolandia, nin que tampouco queira enviar á Policía Local para colaborar no control do evento”.

Pola súa banda, Ángel Cid destacou que Pazolandia leva celebrándose desde 1993, “poñendo a disposición dos nenos máis de 8.000 metros cadrados de entretemento, durante os 9 días que dura esta feira de ocio”.
Pazolandia é unha iniciativa da Deputación provincial Ourense que naceu hai  dezaoito anos coa pretensión de ser lugar de encontro e lecer dos nenos da provincia. Un gran parque de atraccións no que se dan a man todo tipo de actividades para tódalas idades: desde nenos de dous anos a xoves de dezaoito.

Pazolandia abrirá ao público todos os días desde o domingo 25 de decembro pola tarde ata o 4 de xaneiro, en sesións de mañá e tarde, agás o 31 de decembro.
As sesións de mañá darán comezo ás 11 e rematarán ás 14:00 Hs., e pola tarde o parque abrirá de cinco a oito.
O prezo da entrada é de 4 euros, e unha vez dentro do recinto todas as atraccións son gratuítas.
Entre as novidades deste ano destaca o “Túnel do terror”, un simulador e unha piscina de bolas e auga.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, MIÉRCOLES
 
El BNG pedirá al MARM que se suspendan permisos y concesiones para nuevos proyectos en el Miño-Sil
Las medidas de protección y seguridad de los túneles del AVE de Ourense a Vigo costarán 32,2 millones de euros
No valen las elecciones sindicales de Carrefour, que hay que repetir por “vicios graves” en el proceso
Firmado un convenio Xunta-Gobierno Central para reahabilitar la “Torre do Reloxo” de Celanova
Un 63% de los gallegos vincula la entrada de nuevos inmigrantes a que tengan seguro un puesto de trabajo