Chega unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal que comeza este 25
 
A partires do día 25 de decembro porase en marcha outra edición da MOTI, a Mostra de Ourense de Teatro Infantil que volta a programación polo Nadal. A VIII MOTI trae a Ourense 16 montaxes que se sucederán en diferentes espazos da cidade do 25 ao 30 de decembro. E o fai só con 60.000 euros, que son os orzamentos dos que este ano dispoñen os organizadores
 
 
 
 
 
21 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Do 25 ao 30 de decembro Ourense acolle unha nova edición da Mostra de Ourense de Teatro Infantil, a MOTI 2011. A xa clásica cita de teatro infantil da cidade vén sumarse un ano máis á programación cultural de Nadal e leva a paixón polas táboas e os monicreques aos máis cativos da casa.
A MOTI é unha iniciativa desenvolta por Sarabela Teatro en colaboración coa Concellaría de Cultura e conta, ademais, co patrocinio do Teatro Principal, a Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Xunta de Galiza a través de AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais). Este martes presentouse a a programación desta edición nun acto no que a edil de Cultura, a Tenente Alcalde Isabel Pérez convidaba a todos “os pequenos espectadores” a desfrutar desta mostra “especialmente deseñada para eles”, sinalou Isabel Pérez.

Destacouse a calidade e pluralidadeda proposta a pesar “doaxustado do plantel e orzamento” que este ano ascendeu aos 60.000 euros.
A responsábel de Cultura, Isabel Pérez, quixo salientar “a aposta que un ano máis realiza a MOTI por chegar ao todo o público infantil”, incluíndo na súa programación propostas especialmente dirixidas aos bebés. Pérez declarou que a MOTI “é unha cita xa imprescindible dentro da programación de Nadal” e amosou a súa satisfacción polo continuo compromiso de Ourense coa cultura e, en especial o teatro: “A MOTI ven completar esa Teatrauria que ao longo de todo o ano fai de Ourense a capital galega do teatro a través dos diversos festivais”.

A VIII MOTI trae a Ourense 16 montaxes que se sucederán en diferentes espazos da cidade do 25 ao 30 de decembro. Como preludio, esta mañá anunciouse que xa desde o día 15 a compañía Trécola Teatro esta a visitar diferentes colexios e garderías de Ourense para convidar aos rapaces á MOTI, cun avance da exhibición teatral que entre os dí s 23 e 29 tomará as rúas do centro da cidade.
A inauguración do festival esta marcada para o domingo 25 e contará tamén con teatro de rúa a cargo de Trécola, coa montaxe Aniñamos na MOTI.
Desde o 25 até o 30 sucederánse as funcións no Teatro Principal e Auditorio (entrada 4€) así como no multiusos do Campus (2€).
A MOTI tamén repite este ano a súa aposta solidaria coa infancia. A recadación do Auditorio os días 28 e 29 e a do Campus os días 26,29 e 30 irá parar a UNICEF.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, MARTES
 
Barbosa advierte de que la supresión del recurso cameral perjudicará tanto a las cámaras como a las medianas y pequeñas...
La Cámara de Ourense hace balance de servicios prestados y advierte ya con recortes en 2011
El PP dice de que los Presupuestos de 2011 del Concello de Allariz que aprobó el Gobierno no son válidos
Acusan al Gobierno de O Pereiro de despilfarrar 240.000 €/año por tener parada una depuradora de 600.000
El PNG-PG hace expreso apoyo a las listas del BNG que en Ourense encabeza Isabel Pérez