Medio cento de escolares do IES de Xinzo achéganse este martes a historia da Lagoa de Antela
 
Tódolos anos por estas datas os alumnos do instituto de Xinzo de Limia "Lagoa de Antela" e do instituto de FP "Cidade de Antioquia", se acercan á Casa da Lagoa en Sandiás para coñecer de primeira man a historia do desecamento da que foi unha das lagoas máis grandes do Sur de Europa. O fan este martes máis de 50 alumnos do IES "Lagoa de Antela" de Xinzo. Na súa visita acercaranse tamén ás areeiras de Sandiás que se ubican a uns 4 kilómetros da Casa da Lagoa
 
 
 
 
 
20 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL
Un grupo de máis de 50 alumnos do IES "Lagoa de Antela" de Xinzo de Limia  visitará  este martes as instalacións da Casa da Lagoa en Sandiás, onde os escolares coñecerán de primeira man a historia do desecamento, o antes e o despois dunha das lagoas máis grandes do Sur de Europa .
Este tipo de visitas realízanse tódolos anos por parte do instituto de Xinzo de Limia e instituto de FP "Cidade de Antioquia", para que os alumnos limiaos coñezan unha parte importante da súa historia da súa comarca e de Ourense.

A Casa da Lagoa de Antela, situada no centro da vila de Sandiás, no que era a antiga marxe noroeste da Lagoa de Antela,  é unha iniciativa do Concello de Sandiás posta en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, coa que se buscaba “dinamiza-los núcleos rurais con propostas culturais dun claro interese turístico”.
Consta de cinco salas de exposición máis outras cos servizos habituais nos centros de interpretación (proxeccións, salas de xogos, etc.) nas que se “pretende amosar ós visitantes os cambios acontecidos na comarca da Limia a través dun percorrido pola Lagoa de Antela, o seu desecamento a partir do comezo das obras no inverno de 1958, o posterior inicio da extracción de area, e recuperación das areeiras abandonadas, o patrimonio inmaterial e a etnografía”.

O obxectivo do centro de interpretación da lagoa de Antela é dinamizar in situ uns recursos naturais, culturais, monumentais, etc., polo que desde o punto de vista medioambiental a visita ó Centro queda incompleta sen visitalas areeiras de Sandiás, que son areeiras abandonadas recuperadas ambientalmente con medios artificiais para a flora e a fauna situadas a 4 km da Casa da Lagoa.
Nestas areeiras os alumnos poderán observa-las aves a través de dous miradoiros de fauna instalados na zona, así como coñecer os procesos de recuperación postos en marcha para a recuperación dalgunha areeira abandonada logo da súa explotación.

Desde a súa apertura en xuño de 2008 o centro foi visitado por numerosos alumnos dos colexios e institutos da provincia de Ourense, así como por grupos de alumnos das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela. As visitas á Casa da Lagoa son concertadas, calquera pode visita-lo centro, chamando ó Concello de Sandiás ou a traves da súa web: www.sandias.es

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 20, LUNES
 
El PP dice que en el Concello de Ourense no hay Concellería de Xuventude, que anuncia que creará si gana
El alcalde de Esgos, Manuel Blanco, no se presenta y deja la cabeza de lista del PP a Mario Rodríguez
El Partido Socialista exige también la dimisión de la alcaldesa de San Cibrao y su grupo de Gobierno
El Gobierno de Ourense propone que la Praza de Barrocas lleve el nombre del recientemente fallecido Manuel Villar
Concluyeron los obradorios de Nadal con los niños engalanando más abetos de varias plazas de la ciudad