Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de Nadal da Aula de Natureza do Concello
 
Sigue aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de Nadal que organiza o Concello na Aula de Natureza de Oira. Neles aprenderán os nenos a facer xoguetes con material reutilizado. O obxectivo desta actividade é, precismente, converter residuos en xoguetes que os nenos se levarán á súa casa unha vez remate o curso
 
 
 
 
20 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense lembra a tódolos interesados que está aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de Nadal que organizará o Concello na Aula de Natureza do río Miño, para nenos de 6 a 13 anos de idade. Os obradoiros desenvolveranse dende o luns, 26 de decembro ata o 5 de xaneiro, e os nenos aprenderán a reutilizar todo tipo de materiais para facer os seus propios xoguetes.

O obxectivo desta actividade, baixo o lema “Aprende a facer os teus xoguetes”, é coñecer as tres “R”: reciclar, reutilizar e reducir, convertendo residuos en xoguetes que os nenos se levarán á súa casa unha vez remate o curso. A actividade é gratuíta e os interesados pódense inscribir na mesma Aula da Natureza (Paseo Fluvial de Oira s/n) ou na Concellería de Educación (Praza de San Martiño, nº 3 1º) ou enviar un correo electrónico á dirección aulanatureza@ourense.es

Con este obradoiro, o Concello pretende concienciar aos cativos sobre a importancia da reducción de residuos (envases) e a súa reutilización e reciclaxe, facendo fincapé na separación en orixe, ó tempo que se lles estimula para que desenvolvan a súa imaxinación artística.  

A actividade impartirase na Aula da Natureza en grupos cun máximo de vinte prazas, con dous horarios: de mañá de 10.00h a 13.00 ou de tarde de 16.00h a 19.00h. A duración total do curso é de 100 minutos e será impartido por Luis Herminio Amigo Estrada, coordinador da Aula da Natureza do Río Miño. A actividade compleméntase con xogos e actividades ó aire libre, sempre que o tempo meteorolóxico o permita, para achegar de xeito lúdico ós nenos á reciclaxe.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA