Grupos de México e Portugal, Extremadura e Asturias no VI Festival Internacional Rebulir
 
 

Grupos de diferentes comunidades, como Extremadura e Asturias, y países, como México, daranse cita este sábado no Polideportivo de O Picouto para esta tradicional xuntanza
 
 
 
14 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL
 
 
 

"Ramirás volverá a converterse un ano máis nun espazo de convivencia intercultural con grupos chegados de diferentes puntos e con intereses comúns", sinala a directiva da Asociación Rebulir deste Concello ante o VI Festival Internacional que se celebrará esta vindeira fin de semana. Concretamente os días 16, 17 e 18.
A Asociación xa ten ultimado o programa que contemplan múltiples actividades, todas elas acordes coa súa filosofía, abertas a todo o público e gratuitas.

Como novidade destaca este ano, segundo Rebulir, a páxina web que se habilitou con toda a información do evento.
O acto principal terá lugar o sábado, ás 19:00 Hs., no Polideportivo de O Picouto de Ramirás, cando os participantes do Festival chegarán ao recinto sendo recibidos polo grupo anfitrión e autoridades.
A Asociación pretende mostrar no VI Festival Internacional Rebulir folclore de diversos países e comunidades que toman parte no mesmo, e contan este año co Grupo Orcellón de O Carballiño, Grupo de Folclore de Casa do Povo de Cacia de Portugal, Grupo El Miajón de Extremadura, AFM Villa i Condau de Noreña, Asturias, Mariachis y Ballet Colores de México e os anfitrións, Rebulir de Ramirás.

Ademais está previsto que na madrugada do domingo o local "Oxígeno" de Celanova acolla unha Foliada, onde os diferentes grupos animarán aos presentes coas súas músicas.
O domingo, día 17, as diferentes delegacións visitarán a capital ourensá e as termas de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 14, MARTES
 
El Plan Hidrológico de la Cuenca del Miño-Sil está listo para salir el miércoles a información pública, confirmó Liñares
Liñares recomienda campañas explicativas adecuadas antes de empezar a cobrar por el agua a todos
Se cae en octubre la bonanza inmobiliaria de septiembre en la compra-venta de vivienda en Ourense
El recorte presupuestario de 2011 deja al Padroado de Turismo de Ourense sin buena parte de su esencia
Firmado en Madrid el Plan “Portas de Galicia” para 12 concellos de la provincia de Ourense