O Concello de Ourense prepara as actividades de Nadal deste decembro para os máis cativos
 
O Concello de Ourense anuncia unha serie de actividades e actos con motivo do Nadal. Na Aula da Natureza comezará o 20 de decembro o obradoiro "Aprende a facer os teus xoguetes". Tamén as ludotecas preparan as súas actividades para as vacacións de Nadal, e o Centro Cívico de Colón abre este 10 de decembro o prazo para inscribirse nos obradoiros con temática navideña que comezarán o día 27 deste mes
 
 
 
 
10 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Benestar Social, inicia o programa de actividades de Nadal no Centro Cívico de Colón, no cal os nenos de Educación Infantil e Primaria poderán participar en obradoiros con temática navideña dende o día 27 de decembro ó 5 de xaneiro.
Con esta iniciativa, o Concello di que pretende axudar ós pais e nais traballadoras no marco do programa de fomento da conciliación da vida laboral e familiar, nestas datas nas que os nenos non se atopan en período lectivo.

Todos aqueles interesados poden inscribirse nesta actividade no propio Centro Cívico (Rúa Colón, 18) dende este mesmo sábado, día 10, ó 17 de decembro. As actividades serán en horario de mañá de 11.00h a 13.00h e nelas levaranse a cabo sesións de contacontos, manualidades, xogos, bailes e outras actividades lúdicas de Nadal.

Nos demáis Centros Cívicos da cidade (A Ponte, As Termas, A Cuña e Ceboliño) permanecerán abertas as ludotecas durante todo o período de Nadal ás que os nenos poderán acudir no horario habitual: de 17.30 a 20.00 de luns a venres para os pequenos nacidos entre 2003 e 2008 e os sábados de 10.30 a 13.00 con actividades dirixidas a nenos e nenas de Infantil e Primaria.

Aula da Natureza

A programación do Concello se complementa coas actividades da Concellería de Educación que propón para este nadal o obradoiro “Aprende a facer os teus xoguetes” do 20 de decembro ó 5 de xaneiro na Aula da Natureza do Río Miño, que amosará a nenos e maiores a importancia da reciclaxe, reutilizando todo tipo de materiais para facer xoguetes.
A inscripción tamén é gratuíta e pódese facer na Aula da Natureza do Río Miño (Paseo fluvial de Oira s/n) ou na Concellería de Educación.

Ademáis manterase nas Bibliotecas municipais da cidade (San Francisco, A Ponte e A Carballeira) e no Punto Infantil de Lectura do Couto, o Programa de Animación á Lectura, nas cales e a través do libro “A árbore dos Valores”, propóñenese actividades para nenos e nenas de 4 a 10 anos.

Recepción de Nadal as AA.VV.

Dende a Concellería de Participación Cidadá estanse a levar a cabo iniciativas relacionadas co Nadal, e o día 21 de decembro terá lugar a tradicional recepción por parte do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa ós representantes e membros das Asociacións de Veciños da cidade.
O acto terá lugar no Auditorio e actuará a Coral de Velle coa compañía de María do Ceo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 10, VIERNES
 
La Deputación de Ourense fija en 73 millones de euros los Presupuestos de 2011, un 14% menos que los de 2010
Rosendo Fernández acusa al Concello de Ourense de ser “cabalo de Troya” de Fomento en la integración...
Otro intento nulo del alcalde de Rairiz de Veiga por despedir a una trabajadora, que hace el cuarto ...
El Concello sigue al rescate de los comedores escolares ante el vacío que le sigue haciendo la Xunta
Las altas en el “Ourense Wifi” van a un ritmo superior al de otras ciudades españolas