A Tecnópole ourensá confía en revalidar ano como referente da cooperación entre polígonos industriais
 
Si en 2010 a Tecnópole de Galicia en Ourense xa foi referente de cooperacións empresariais entre polígonos industriais, este 2011 espera repetir dito recoñecemento. Os responsabeis sinalan a favor da Tecnópole ourensá que "dos encontros celebrados saíron xa dous proxectos de alto impacto, un integrado e outro europeo, relativos a procesos e materiais no ámbito das enerxías renovables"
 
 
 
 
 
5 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

"Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- volveu ser referente en 2010 do Programa de Cooperación entre Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT), logo de que a súa experiencia de colaboración cos polígonos de San Cibrao das Viñas (Ourense) e Sabón e Bergondo (A Coruña) fose elixida como caso de éxito entre todas as levadas a cabo en España", sinala a Tecnópole ourensá.
A piques de pecharse 2011, os responsabeis do Parque Tecnolóxico de Galicia agardan que este recoñecemento se faga extensivo tamén este ano, xa que, sinalan, "dos encontros celebrados saíron xa dous proxectos de alto impacto, un integrado e outro europeo, relativos a procesos e materiais no ámbito das enerxías renovables".

Na semana que ven de rematar celebrouse unha videoconferencia entre as empresas involucradas nos proxectos comús da Tecnópole, para avanzar novos acordos de colaboración.
Neste encontro participaron investigadores do Centro de Investigación Transferencia e Innovación (CITI), do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e da empresa Gaélica Solar con representantes de empresas de distintos sectores de actividade do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.
Como acción inicial de extensión deste intercambio de información aos polígonos da provincia da Coruña, nesta videoconferencia a empresa de Tecnópole Gaélica Solar, especializada en técnicas de ozonización, entrou en contacto con empresas de Sabón e Bergondo.

A participación de Tecnópole no programa estatal COPIT iniciouse no ano 2009 e materializouse en varias sesións de traballo entre tecnólogos e empresarios do Parque Tecnolóxico de Galicia con empresarios dos polígonos de Sabón e San Cibrao. Posteriormente, uniuse á iniciativa galega o polígono de Bergondo e Tecnópole traballa para que outras entidades industriais se sumen para aumentar o potencial de interrelación entre as súas empresas e centros tecnolóxicos co resto do tecido galego.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 4, SÁBADO
 
Mucho debate y poco acuerdo en el pleno de diciembre del Concello de Ourense marcado por las mociones
El PP de Barbadás traba una moción del BNG pidiendo más dinero de la Xunta para el Instituto
A Secretaria Xeral de Emigración da Xunta pasa a facerse cargo da Fundación Galicia Emigración
El PSOE vuelve a reclamar al alcalde de Maceda el Presupuesto de 2010 y el Plan de Austeridade
Este viernes se enciende el Alumbrado de Navidad de Ourense