O Auditorio combina esta fin de semana teatro co Día do Orgullo Gaiteiro
 
O Auditorio Municipal de Ourense acolle esta fin de semana una semana de dobre oferta: dunha banda, teatral para todos os públicos; por outra, a VIII edición do Día do Orgullo Gaiteiro, que se celebra este sábado, día 3
 
 
 
 
3 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Auditorio Municipal de Ourense que xestiona a Concellaría de Cultura programa para esta fin de semana unha dobre oferta teatral para todos os públicos.
O sábado a Compañía Ron Lalá presenta a montaxe Time al tiempo, un espectáculo “en tempo real” construido sobre música e humor. Time al tiempo é unha “tempestade” de risas en torno aos tempos que corren, unha sucesión vertixinosa de números teatrais e musicais que destacan polo humor ácido e cítrico qued efine o estilo Lalá.
Estará o sábado, día 3, no Auditorio Municipal a partir
das 20.30. O prezo das entradas é de 5€.

De seguido, o domingo día 4 a Concellaría de Cultura continua coa súa programación infantil coa proposta da Compañía Babaluva Cama e Conto, un espectáculo de monicreques dirixido a rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos.
A protagonista desta peza é Malva, unha nena que morre de gañas de que a súa nai lle lea un conto ir durmir, unhas historias coas que Malva viaxa até un mundo de maxia e fantasía onte todo é posíbel.
Cama e conto poderá verse o domngo día 4 ás 12.00 horas no Auditorio Principal. O prezo da entrada é 3€.

VIII Día de Orgullo Gaiteiro

En paralelo, as instalación do Auditorio Municipal acollerán tamén ao longo de todo o sábado día 3 a celebración do VIII Día do Orgullo Gaiteiro.
Os actos arrancan a partir das 12 horas ocn xogos populares e sucederánse actividades até as 21 horas co seguinte programa:

- 12-13 hs. Antón Castro. Xogos infantís e contos
- 16-18 hs. Lume na palleira. Retransmisión en directo do programa dende o Auditorio Municipal de
Ourense. Entrada libre.
- 18-18.45 Sesión de Cantares de cego.

-18.45-19 Actos de Homenaxe:

- José Luis Calle García pola súa investigación e publicación sobre o Coro Aires da Terra e a figura e arquivo de D. Perfecto Feijoó.
- Homenaxe aos músicos cegos, personificado na persoa de Concha Dacal Peaguda, filla do Cego da Gándara.

- 19-20 hs. Concerto: Maghúa, agrupación de pandereteiros e cantareiros da Coruña
- 20-21 hs.- Concerto: Radio Cos. Grupo galego que reinterpreta música sefardí.
- 22:00-22:30 comezo da Cea Gaiteira, no local de Aixiña

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA