Zilliacus Persson Raitinen, ZPR Trío, no Sen Batuta este xoves pechando o ano 2011
 
Zilliacus Persson Raitinen, ZPR Trío, pechan este xoves o Sen Batuta por este ano, que non por este ciclo que proseguirá nos vindeiros meses. Este xoves, ás 20:30 Hs., no Paraninfo do Otero Pedrayo, interpretarán as Variacións Goldberg, e unha hora antes, como xa e costume, manterán un encontro co público
 
 
 
 
 
1 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

As escandinavas ZPR Trío despiden o ano coa interpretación das Variacións Goldberg, no que será o último concerto deste 2011 do ciclo Sen Batuta que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.
Zilliacus Persson Raitinen son tres xóvenes intérpretes ao violín, viola e cello cuxa formación é hoxe considerada unha das máis valoradas e activas do seu pais natal.

ZPR Trío estará actuando no Paraninfo do Otero Pedrayo o primeiro de decembro, ás 20:30 horas, como a maioría dos concertos deste ciclo.
Como vén sendo práctica habitual en Sen Batuta, ás 19:30 Hs. o público podera desfrutar libremente dun encontro coloquio coas artistas para intercambiar impresións e coñecer máis sobre o mendo da camerística.
O prezo das entradas para o concerto é de 6€, con desconto do 50% para posuídores de carné xoven, xubilados e estudantes. Os menores de 18 anos teñen entrada de balde.

ZPR Trío é unha agrupación formada en 1999 en Suecia polas intérpretes Cecilia Zilliacus (violín), Johanna Persson (viola) e Kati Raitinen (cello).
A súa traxectoria valeulles en 2007 a coordinación artística da tempada de música de Cámara de Estocolmo, a máis importante do país.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 1, MIÉRCOLES
 
Ourense se convierte en una Ciudad Wifi a las 12 del mediodía de este miércoles, primero de diciembre
Un informe técnico establece que es posible ahorrar en el Pabellón de Os Remedios el 50% de la energía ...
Un año tardó en ser retirado un vehículo abandonado en plena Vía Nova en Lobios, según ADEGA
El PSOE ya habla de “estrepitoso fracaso” del operativo de la Xunta de Galicia contra el hielo y la nieve
La Xunta dice querer convertir a San Cibrao de Lás en referente de la cultura castrexa a nivel europeo