34 autoescolas da provincia dan un curso de reciclaxe de condutores este primeiro de decembro
 
Co obxectivo de actualizar os coñecementos sobre normas de tráfico e seguridade vial dos condutores co fin de reducir a siniestralidade e favorecer unha mellor condución, este día 1 de decembro celébrase nas autoescolas de todo Ourense un curso dentro do Proxecto “Coñecer é vivir”. A Asociación Provincial de Autoescolas agarda superar os 500 participantes da primeira edición
 
 
 
 
 
29 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense participa por segundo ano no curso de Reciclaxe do Permiso de Conducir, iniciativa promovida pola Asociación de Autoescolas de Ourense e pola Dirección Xeral de Tráfico dentro do Proxecto “Coñecer é vivir”. Este proxecto ten como obxectivo actualizar os coñecementos sobre normas de tráfico e seguridade vial dos condutores co fin de reducir a siniestralidade e favorecer unha mellor condución.
O curso, de carácter gratuíto, terá lugar este xoves, día 1 de decembro, de 18.00 a 20.00 horas, nas 34 autoescolas pertencentes á Asociación de Autoescolas de Ourense, e poderán apuntarse todos os condutores que desexen actualizar a súa formación.

O presidente da Deputación de Ourense, Jose Luis Baltar, dixo que a seguridade vial “é cousa de todos, porque todos somos ou condutores ou peóns e debemos seguir unhas normas para que a convivencia no que atinxe á seguridade vial sexa o máis eficaz e ordenada posible”, e felicitou aos organizadores do curso “porque a formación continua nos aspectos do tráfico nos permite seguir actualizados nesta materia, algo que afecta directamente á nosa seguridade e polo que temos que seguir traballando día a día”.
Pola súa banda, David Llorente, xefe provincial de Tráfico en Ourense, dixo que o curso está dirixido a todos os condutores, “pero especialmente aos maiores de 65, porque se abordan temáticas que non se estudaban cando estas persoas obtiveron o carné de conducir, como as novas normativas no que atinxe a cruces e rotondas, bicicletas, peóns ou elementos reflectantes”.

Manuel González dixo que desde a Asociación de Autoescolas prevese que un ano máis este curso sexa un éxito: “O ano pasado tivemos 500 alumnos e este ano imos superar esa cifra”, e subliñou a necesidade de seguir facendo formación continua de alumnos e condutores veteranos e tamén dixo que ten unha grande importancia a formación dos profesores das autoescolas, “aspecto no que Ourense destaca porque os profesores das autoescolas da nosa provincia son os primeiros do Estado en participar nos Plans de Mobilidade”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 29, LUNES
 
El Concello revisará en 2011 todos los edificios de la ciudad de 100 años o más
Los veterinarios identificadores de la cabaña ganadera gallega van a la huelga a partir de este lunes
El futuro Plan Hidrológico de la cuenca del Miño-Sil se debatirá en Ourense el próximo día 13
El PSOE propone levantar la inversión de la Xunta en Ourense en 2011 de 51 millones a 109,5
Amador Díaz Penín encabezara la lista del BNG por Xinzo y aspirará a la alcaldía en 2011