En marcha en Ourense unha campaña de sensibilización ampla para evitar o consumo de alcol polos menores
 
A Concellería de Saúde do Concello de Ourense ven de presentar un amplo programa de actividades dirixidas a evitar o consumo de alcol entre os menores de idade. A concelleira Marga Martín fixo fincapé en que, aínda que a Lei prohíbe a venta de alcol ós menores, máis do 80% o probaron e un 15,2% dos adolescentes de 14 a 18 anos se teñen emborrachado no último mes, segundo establecen estudos e enquises feitos ao respecto
 
 
 
 
24 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense ven de poñer en marcha a campaña “Eu penso en ti: Sen alcol, con liberdade para pensar”, unha iniciativa que ten como obxectivo "evitar o consumo de alcol entre os menores de idade para eliminar os nocivos efectos que produce á súa saúde", sinala o departamento da concelleira Marga Martín.
O Concello pretende involucrar neste reto a tódalas partes implicadas: nenos e mozos, familias, empresarios de hostalería, nais embarazadas, lactantes e centros educativos. O programa levarase a cabo a través de diferentes accións que se desenvolverán ata o vindeiro mes de febreiro.
Exposicións divulgativas, obradoiros para profesionais da hostalería e familias, xogos de rol e representacións de teatro de mimo fomentarán que tódolos implicados coñezan a normativa galega sobre alcol para avanzar no seu cumplimento e aplicación.

Sinala a Concellería de Saúde que na actualidade, aínda que os adolescentes non poden comprar alcol legalmente, estudos recentes revelan que máis do 80% o probaron e un 15,2% dos adolescentes de 14 a 18 anos se teñen emborrachado no último mes, de acordo coa Enquisa Estatal sobre uso de drogas en Ensinos Secundarios (ESTUDES) do Plan Nacional sobre Drogas.
Así, a campaña márcase o obxectivo de concienciar á sociedade acerca deste grave problema e axudar aos menores a construir unha postura persoal ante o alcol.

A campaña inclúe as seguintes accións:

a) Exposición de rúa “Eu penso en ti”. Exposición de 5 cubos con 20 paneis, con imaxes e mensaxes da campaña. Comezará na rúa do Paseo e posteriormente achegarase a colexios e outros espazos da cidade. Consta de:

-13 paneis de fotos de mozos que personalizan os diferentes menores de idade positivos, alegres e participativos no mensaxe da campaña e

- 7 paneis divulgativos: Eu penso en ti (sobre menores e alcol), Sabías qué? (sobre os efectos do alcol), Atopa o teu cóctel (motivando a outras bebidas interesantes), Falando de sexo (efectos do alcol na actividade sexual) Reivindicando a liberdade.

b) Obradoiro de dispensación efectiva e responsable: “Hostaleiros, Alcol e Menores”. Dirixido a hostaleiros e expendedores de bebidas alcohólicas, ten como obxectivo informar aos profesionais do sector acerca da Lei 11/2010 de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade e fomentar habilidades sociais para o trato e manexo cos menores. Serán dous obradoiros de 3 horas cada un, que terán lugar o luns, 12 de novembro.  Tódolos interesados poden inscribirse na Concellería de Saúde.

c) Páxina web: www.eupensoenti.com, que achega información sobre menores e alcol para os diferentes colectivos (menores, hostaleiros, embarazadas, pais e nais), así como enlaces de interese.

d) Xogo de rol ao vivo: “A invasión d@s Afiadores”. Dirixido ós mozos, ten como finalidade asentar e avaliar os conceptos fundamentais sobre problemáticas que afectan á saúde da mocidade. Cun imaxinativo argumento, convida a mozos nunha experiencia lúdica e formativa que fomentará os hábitos saudables e o coñecemento dos efectos do consumo.

e) Mimarte (Teatro de Mimo), cunha serie de representacións artísticas de Mimo en centros de ensino da cidade para adolescentes de 13 a 16 anos (2º ciclo de ESO), que pretende conciencialos dos riscos asociados ao consumo de alcol.

f) Obradoiro sobre “Familia, Alcol e Menores”, dirixido a pais e nais, que achegará información aos pais acerca da Lei 11/2010, o alcol, e as consecuencias do uso do alcol nos menores.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 24, MIÉRCOLES
 
Comisiones Obreras y UGT activan en Ourense nuevas medidas de protesta contra la reforma laboral
El PP dice que es imposible llegar a tiempo para gastar en la Praza de A Ponte 2 millones de euros
La Xunta no asume una sola plaza de comedor escolar en la capital ourensana, dice Ana Garrido
Rusia advierte en Ourense de que sólo se puede acceder a sus mercados “a través de la modernización”
Reabre el Parque das Zapatillas en San Francisco, sin el “adefesio” de la pasarela