Ourense súmase este mércores as actividades do Ano Internacional da Química
 
O Paraninfo do Otero Pedrayo de Ourense acolle este mércores una conferencia de Javier García, que é o coordinador do experimento global "Auga: unha solución química”. Actividade é auspiciada pola Concellería de Educación do Concello e o Campus Universitario de Ourense, e nela tomarán parte máis de 100 alumnos da cidade
 
 
 
 
22 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

"Coa intención de amosar que a química constitúe un dos recursos naturais máis importantes á vez que se achega a química á sociedade, Ourense participa no experimento máis grande desenvolvido na ciencia", sinala o Concello de Ourense ao referirse ao experimetno global "Auga: unha solución química”.
Dita actividade englóbase nos actos do Ano Internacional da Química (2011), a proposta da UNESCO (Organización das Naciones Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), e a IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada).

A Concellería de Educación e o Campus Universitario de Ourense colaboran para a posta en marcha do proxecto na nosa cidade, na que participan seis centros educativos (12 de Outubro, Universidade Laboral, O Couto, Otero Pedraio, Xulio Prieto Nespereira e Salesianos), dez profesores e máis de 100 alumnos.
A iniciativa consiste no desenvolvemento de catro experimentos de laboratorio: dous enfocados á medida da calidade da auga, e outros dous nos que se ensinan determinados métodos de purificación de auga.
Unha vez rematadas as experiencias, cada centro comparte os seus resultados con outros participantes, nunha aplicación telemática creada para tal fin.

Como colofón e acto central do desenvolvemento deste proxecto en Ourense, este mércores, a partir  das 20:00 Hs. no paraninfo do Otero Pedraio, o coordinador a escala internacional do experimento, Javier García Martínez, ofrecerá unha conferencia, na que presentará o desenvolvemento actual do proxecto, resolverá posibles dúbidas dos participantes e compartirá inquedanzas en relación co experimento.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Marga Martín, concelleira de Educación  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA