O Museo Municipal acolle a exposición da 22 edición do Galicia en Foco do Outono Fotográfico
 
Xa están colgados no Museo Municipal desta cidade os mellores traballos dos presentados a 22 edición do certame de fotoxornalismo Galicia en Foco. Entre as fotos expostas está a galardoada, Lume na raia, que é unha colección de tres instantáneas do fotógrafo ourensán Carlos Folgoso realizadas nos incendios forestais deste ano na zona de Monterrei e Chaves. Tamén no Auditorio se atopa Las Alas del Agua, un proxecto no que imaxe e poesía camiñan da man.
 
 
 
 
 
19 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A 22ª edición do certame de fotoxornalismo Galicia en Foco ocupa, como xa ven sendo habitual, un espazo propio dentro da programación do Outono Fotográfico en Ourense. Desde este venres, 18 de novembro, pode visitarse no Museo Municipal unha selección das instantáneas máis impactantes das  presentadas  ao certame de fotoxornalismo Galicia en Foco, entre as que está a foto galardoada: Lume na raia, unha colección de tres instantáneas  do fotógrafo ourensán Carlos Folgoso realizadas nos incendios forestais deste ano na zona de Monterrei e Chaves. 
Organizado polo Clube de Prensa de Ferrol desde o ano 1998, Galicia en Foco buscou desde os seus inicios promover e potenciar a labor profesional dos fotoxornalistas que desenvolven o seu traballo en Galiza, a súa colección anual é un resume gráfico da prensa galega ao longo dos doce meses.

A colección de Galicia en Foco foi presentada este venres no propio espazo do Museo en presenza do presidente do Pen Clube Ferrol, Xan Morales, e o coordinador do Outono Fotográfico, Xose Lois Vázquez, os que coincidiron en salientar “a gran vinculación que existe entre ambos eventos”.
A exposición está composta por unha escolma de 35 imaxes das 103 que compoñen o catálogo do Galicia en Foco 2011, toda en formato de fotorreportaxe. A  publicación inclúe este ano un estudo sobre os 150 anos de historia do fotoxornalismo realizado pola profesora da Universidade da Coruña, Ana González Neira. 
O certame concrétase así na posta en valor “duns profesioanis que adoitan permanecer no anonimato da cámara e que contribúen de xetio imprescindíbel á crónica dos que acontece no país”. A mostra poderá visitarse na Sala II do Museo Municipal até o día 11 de decembro.

Esceas acuáticas no Auditorio Municipal

Por outro banda, tamén desde este venres o Auditorio Municipal incorporábase aos espazos expositivos que participan do Outono Fotográfico 2011, inaugurando unha colección da artista Esther Morán.
O seu traballo, Las Alas del Agua é un proxecto no que imaxe e poesía camiñan da man, “ unha compilación máxica de postais cun fío conductor, a auga, editadas dunha forma persoal, chea de sensibilidade e dozura”.

A mostra está baseada nun libro conxunto no que a fotógrafa combina o seu traballo cos versos da poetisa Pilar Osorio, “plasmando o concepto fotopoético que unha e outra temos da realidade cotía”. O traballo de Esther Morán, artista pertencente ao colectivo El Factor Humano, caracterízase pola súa electicidade e o compoñente de suavidad que identifica o seu estilo.
Las Alas del Agua é unha proposta artística que completa a exposición cun obradoiro técnico expresivo que a artista impartirá hoxe nas propias instalacións do Auditorio.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 19, VIERNES
 
Rajoy también aboga por el soterramiento de las vías del AVE en Ourense y autoriza acciones ...
Novoa dice que el modelo de entrada del AVE mantendrá el paso a nivel con barreras de Peliquín
La Confederación Hidrográfica vigila permanentemente los vertidos de la Depuradora de San Cibrao al Barbaña
El BNG dice que la Xunta no quiere saber nada de la depuradora de San Cibrao y de los vertidos al Barbaña
El PSOE pide la dimisión en bloque del Gobierno de San Cibrao con su alcaldesa al frente