Ourense é unha das cidades candidatas ao premios europeos de Mobilidade Urbana "EMW Award"
 
A cidade de Ourense é unha das 7 de España preseleccionadas para os premios europeos de Mobilidade Urbana "EMW Award", que recoñecen o compromiso das institucións coa mobilidade urbana sostible. España lidera con 7 cidades as propostas a estes premios, seguida de Italia con 6 propostas e Croacia con 5. O fallo do xurado coñecerase en Bruselas no vindeiro mes de marzo
 
 
 
 
18 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense recibiu este xoves comunicación da aceptación da súa candidatura ós Premios Europeos de Mobilidade Urbana Sostible, estando preseleccionado entre as 31 cidades europeas que competirán polo galardón o vindeiro mes de maio. O obxectivo dos premios é promover as experiencias e programas desenvoltos no marco da Semana Europea da Mobilidade e avalíanse aqueles programas de actividades, que cunha vocación global adaptan ás súas iniciativas as necesidades locais.

O Concello de Ourense presentouse ós Premios europeos de Mobilidade que recoñecen o traballo levado a cabo polas autoridades locais en materia de mobilidade urbana sostible. As candidaturas españolas aceptadas foron 7, das 39 presentadas a este premio, entre as que se atopa a nosa cidade, xunto a Arenas de San Pedro (Ávila), Blanca (Murcia) e Murcia capital, Elgoibar (Guipúzcoa), León e Santander, admitidas todas elas a concurso no que competirán cun total de 31 cidades de toda Europa.
O ránking de países que máis candidaturas aportan a estos premios aparece liderado por España, con 7 candidaturas, seguido de Italia, con 6, e Croacia con 5.

O xurado dos premios, que se reunirá o 19 de decembro para a súa deliberación, estará formado por 8 membros, sendo 4 deles de carácter institucional, (directores xerais de Medioambiente e mobilidade da Comisión Europea) e 4 expertos independentes. O fallo darase a coñecer nunha cerimonia de entrega de premios en Bruselas os días 5 e 6 de marzo do vindeiro ano.

Os criterios de adxudicación responden a 3 premisas: a adecuación do programa de actividades co lema anual da semana europea da mobilidade, que este ano foi “A cidade sen o meu coche”, a implicación dos cidadáns e as accións de comunicación e promoción do programa de actividades e a implicación dos axentes socias no desenvolvemento do programa.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 18, JUEVES
 
Rodríguez define el nuevo modelo ferroviario para Ourense como “de integración coherente e respetuosa” con la ciudad
Estación Intermodal: “concebímola para ser vista e admirada, non para ser escondida"
800 nuevas viviendas en la zona de la nueva Estación, 320 protegidas, y 3.300 plazas de aparcamiento
El PP cuestiona el modelo: ni hay soterramiento, "sólo se cubren las vías", ni se resuelve la integración
Para la UGT hay primacía y exceso de lo constructivo sobre el propio tren en el modelo que presentó el Concello