O Museo Muncipal acolle a exposición Ítaca da xoven fotógrafa Carolina Martínez
 
“Na busca dunha esencia propia e íntima a través dos espazos, os lugares comúns da miña infancia e adolescencia”, sinala a propia autora, chega ao Museo Municipal de Ourense a exposición Ítaca da fotógrafa Carolina Martínez. É a cuarta do Outono Fotográfico nesta sala
 
 
 
 
 
17 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Outono Fotográfico continua a súa andadura na cidade de Ourense con novas propostas gráficas  distinguíbeis pola súa pluralidade e calidade.
Desta volta, vén de presentarse no Museo Municipal da rúa Lepanto o traballo da xoven fotógrafa Carolina Martínez, Itaca.
A colección, conformada por  15 instántaneas cheas de cor son o intento da artista “na busca dunha esencia propia e íntima a través dos espazos, os lugares comúns da miña infancia e adolescencia”. Itaca poderá visitarse na Sala de Fondos do Museo até o día 11 de decembro.

A tenente alcalde e concelleira de Cultura,  Isabel Pérez, foi a encargada de presentar a colección este mércores en compaña da propia autora. Pérez afirmou que “sen dúbida, sen a axuda do arte, estas viaxes que todos realizamos á nosa Ítaca persoal serían  moito menos levadeiros” e deu os seus parábens pola “sensibilidade e intimismo” que Martínez traslada a súa obra.

Ítaca, a cuarta das exposicións que o Museo Municipal alberga nesta 29º edición do Outono Fotográfico, foi bautizada pola artista co subtítulo de “Breve soliloquio sobre a permanencia”, referindo ao “recordo dos lugares aos cales volvo sempre e nos cales nada me é alleo; lugares comúns e lugares – refuxio”.
A referencia á mítica illa ilustra “aquelo que permanece no noso ser máis profundo: o que somos”.

Ítaca, breve soliloquio da permanencia poderá visitarse até o 11 de decembro no Museo Municipal de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 17, MIÉRCOLES
 
El Concello de Ourense propone: Estación Intermodal cubierta a la que llegará el AVE por 500 metros de vías soterradas
Estación Intermodal: “concebímola para ser vista e admirada, non para ser escondida"
800 nuevas viviendas en la zona de la nueva Estación, 320 protegidas, y 3.300 plazas de aparcamiento
El PP califica de “puro autobombo” el “Ourense para todos” que editó el Concello de Ourense
Las trabajadoras de Troncoso-Saludges consideran al alcalde “responsable” de su situación laboral