O Concello ampliará a rede Wifi da cidade a 3 novas zonas e totalizará 41 puntos de Internet gratuito
 
O "Ourense Wifi" estenderase a tres novas zonas da cidade, ao Parque de La Molinera, ao Parque de Montealegre e á localidade de Castro de Beiro. Así o aprobou este xoves a Xunta de Goberno Local. Na actualidade, o servizo wifi consta en Ourense de 22 zonas públicas urbanas e 14 rurais. Trala execución completa da ampliación da rede “Ourense wifi”, serán 41 as zonas da cidade que disporán de conexión gratuíta a Internet
 
 
 
 
11 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Concello de Ourense estenderá a tres novas ubicacións o servizo municipal gratuíto de acceso a Internet “Ourense Wifi”. A Xunta de Goberno Local acordou na súa xuntanza deste xoves adxudicar as obras que permitirán ampliar esta infraestrutura de rede radioeléctrica de banda ancha para acceso a Internet, ao Parque de La Molinera, ao Parque de Montealegre e á localidade de Castro de Beiro. Amplía así a súa cobertura o servizo municipal ata unha nova zona rural, Castro de Beiro, e dúas zonas verdes de singular importancia, como son o Parque de Montealegre, actualmente en fase de finalización das obras, e La Molinera, onde o Concello vén de adxudicar as obras de construcción dun Centro de Coñecemento, sinala o Concello de Ourense.

O servizo gratuíto de acceso a Internet Ourense Wifi, posto en marcha polo Concello en decembro de 2010, suma un total de 5.687 ourensáns que xa desfrutaron nos 10 primeiros meses das prestacións da rede, que acada ata 512 Kbs de velocidade.
Segundo os datos proporcionados pola empresa concesionaria da xestión, GOWEX, se reflicten nos primeiros dez meses de funcionamento un total de 82.949 sesións, cunha media de 60 minutos por sesión.
Os datos manifestan unha media de 568 novos usuarios ó mes ós que se facilita o acceso gratuíto ás novas tecnoloxías, dando conexión permanente a Internet dende unha vintena de espacios públicos da cidade.

Na actualidade, o servizo wifi consta en Ourense de 22 zonas públicas urbanas e 14 rurais. Actualmente, está en fase de execución a ampliación da rede á rúa do Paseo e á rúa Arcediagos. A seguinte ampliación, adxudicada este xoves, estenderá o servizo a La Molinera, Montealegre e Castro de Beiro
Trala execución completa da ampliación da rede “Ourense wifi”, un total de 41 zonas da cidade terán conexión gratuíta a Internet, a unha velocidade que alcanza os 512 Kbs. A conexión permite consultas sinxelas como email, visita de páxinas web ou lectura de prensa, cumprindo deste xeito as normativas fixadas pola CMT.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, JUEVES
 
La elevada tasa de ahorro del ourensano provocó un repunte de la compra-venta de vivienda...
La Deputación de Ourense dice que “non ten nin tivo ningún ano contratadas a 1.600 persoas”
Ourense acogerá este mes un encuentro para promocionar y dinamizar el Camiño de Santiago
Publicada la guía “Vive y descubre Ourense” de Everest con una primera tirada de 5.500 ejemplares
La ciudad rinde tributo a su Patrón, San Martiño, mientras se rememora la tradición de los magostos