O Concello leva o Magosto este ano á Praza Maior da cidade, e Pérez anima a participar aínda que chova
 
O Magosto do Concello de Ourense viaxa este ano á Praza Maior da cidade. Outra novidade: mentras as castañas seguirán sendo de balde, o chourizo e o viño custará 1,5 euros, prezo simbólico que inclúe unha cunca e co que a Concellería de Cultura busca unha pequena colaboura do cidadán. Aínda que é casi seguro que serán uns magostos pasados por auga, Isabel Pérez animou aos ourensáns a participar "neste ou en calquera outro dos magostos da nosa cidade"
 
 
 
 
 
9 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, vén de presentar este martes a programación coa que o Concello convida aos veciños e veciñas da cidade, a celebrar "a nosa festa grande", como a definíu Isabel Pérez, o San Martiño.
As actividades serán o propio venres, día 11 de novembro, e este ano se trasladarán á Praza Maior, nun intento da Concellería de Cultura de recuperar esta tradición para a zona máis Histórica da cidade.

A Concelleira de Cultura e Turismo, explicou o programa que comezará ás 13.00 horas ca actuación da Banda Municipal de Música de Ourense. Posteriormente, ás 17.00 h será o magosto popular, e tamén haberá obradoiros infantís, animación musical a cargo da AOFT – Gomes Mouro e Os Carunchos. Ás 19.00 h comezará a actuación dos regueifeiros.
Durante todo este tempo as castañas tomarán a Praza, e serán repartidas para que todas as persoas podan degustar o seu sabor. Isabel Pérez destaca “a participación ourensana en tódalas actividades que compoñen o programa”.

Ao mesmo tempo que o reparto de castañas, Isabel Pérez explicou que tamén haberá reparto de pan con chourizos e viño. As castañas serán gratuítas, e repartiranse aproximadamente uns 1.100 kilos entre os asistentes. O pan con chourizo e o viño será distribuido pola asociación Aspanas, que colabora na organización do evento, e terá un prezo simbólico de 1,5 €. Dentro deste prezo está incluída a cunca de viño, ca cal serán agasallados os asistentes como recordo da festa.
A colaboración coa asociación Aspanas, que é unha entidade declarada de interese público, forma parte do carácter que se lle quere inserir a festa, xa que se aposta firmemente pola implicación do tecido asociativo da cidade.  

A concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, animou a tódalas persoas a que participen nos magostos que estes días terán lugar, nos diferentes barrios da cidade, dende a zona histórica ata os arredores. E pedíu tamén ser respetuosos co medio ambiente e moderados nas tradicionais tamén inxestas do viño novo que tamén dende sempre caracterizou a esta festa netamente ourensá.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, MARTES
 
Ourense tiene 70.500 personas, una de cada cinco, en situación de pobreza relativa, según la Memoria de 2009 ...
Ourense todavía tiene un 13% de analfabetos declarados, y formación por debajo de la media estatal
La Deputación de Ourense bajará a los 73 millones de euros en 2011, 12 millones menos que los casi 85 ...
Baltar califica de “incapaz” al Parlamento de Galicia a la hora de legislar sobre las deputaciones
Un laudo arbitral establece que hay “manipulación” de censos de Carrefour por la dirección de la empresa