"Contos coas mans abertas" chega a Ourense este venres para sensibilizar sobre a solidariedade
 
Como membro que é do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Deputación de Ourense organiza "Contos coas mans abertas" da compañía A Tropa de Trapo. É un espectáculo dirixido a público adolescente e adulto, que se basea en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Este venres, no Centro Cultural
 
 
 
 
3 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A xira 2011 do espectáculo “Contos coas mans abertas”, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega a Ourense este venres, día 4 de novembro. A representación, organizada pola Deputación de Ourense, como membro da entidade municipalista, terá lugar no Centro Cultural ás 20:30 horas, con entrada de balde.
Creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a Asociación de Concellos e Deputacións, percorrerá este ano un total de 42 Administracións sociais. O espectáculo “Contos coas mans abertas”, dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia.

Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, "Contos coas mans abertas" é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar e entender o mundo.
Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA