Presentada en Ourense a campaña "Mujeres soñadoras" a favor da igualdade de xénero
 
"Taller de Solidariedade" presentou este mércores en Ourense a campaña de sensibilización "Mujeres soñadoras". Ten coma obxectivo dar a coñecer o traballo da Fundación “Taller de Solidariedade” a través de máis de 50 proxectos de desenvolvemento en favor da muller e da igualdade de xénero en América Latina, Asia e África ó longo dos últimos 10 anos.
 
 
 
 
3 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Fundación “Taller de Solidariedade” vén de presentar a campaña de sensibilización “Mujeres soñadoras”, coa que colabora o Concello de Ourense a través da Concellería de Igualdade e Voluntariado.
Lucy e Ping Rabina contan a súa experiencia no proxecto “Talleres de Nazaret en Manila”, Filipinas, que da traballo a máis de 200 mulleres sen recursos, en 6 talleres nos que realizan dende traballos textiles ata procesamentos de alimentos para a súa venda no mercado local e a súa posterior importación e venda a través das tendas de Comercio Xusto.

Dos 7.000 millóns de persoas que viven no mundo, máis de 1.400 millóns de persoas, é dicir o 20% da poboación mundial, dispoñen de un dólar ó día ou menos e a mayoría de estas persoas son mulleres. Según datos de UNIFEM (Fondo das Nacións Unidas para as Mulleres), o 70% son mulleres, así coma 7 de cada 10 persoas que morren de fame no mundos. A mesma fonte indica que case dous tercios dos 770 millóns de persoas analfabetas, son mulleres.

“Mujeres soñadoras” ten coma obxectivo dar a coñecer o traballo da Fundación “Taller de Solidaridad” a través de máis de 50 proxectos de desenvolvemento en favor da muller e da igualdade de xénero en América Latina, Asia e África ó longo dos últimos 10 anos.
A campaña, de ámbito estatal e que durará ata xuño, pretende dar a coñecer o traballo que realiza a Fundación no que prioriza á muller coma protagonista e destinataria das súas accións, en especial no ámbito laboral e de dignificación do traballo.

“Mujeres soñadoras” será levada ós Centros Educativos, nos cales, persoas involucradas nos proxectos de desenvolvemento trasladarán ós cativos o seu traballo e a importancia da igualdade de xéneros. Así mesmo organizaranse concursos e completarase con charlas informativas na Aula da Concellería de Igualdade, para mulleres e persoas  interesadas neste tipo de proxectos.
A campaña serve así mesmo de ponte entre a organización e outros actores, coma ONGDs, institucións públicas, Fundacións, universidades... que traballen en favor da muller, de cara a conseguir sinerxias en actividades en España ou posibles proxectos no exterior.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, MIÉRCOLES
 
La huelga de la limpieza constató tras los festivos el respaldo masivo de la plantilla
La CIG advierte que “vai ser un conflito largo”, puede que no exento, incluso, de cajas de resistencia
Rodríguez advierte con “medidas pertinentes” si persiste la actual situación de la huelga de limpieza
Nuevo aplazamiento de la comparecencia del alcalde de Rairiz de Veiga ante la juez de Xinzo
El sólo testimonio de un policía condena a un sindicalista a ocho meses de prisión