A Deputación anuncia as rúas tomadas polas bicis o vindeiro domingo no 27 Día da Bici
 
Chega este domingo unha nova edición, a 27, do Día da Bici. Os organizadores pensan que é "a maior festa das dúas rodas que se celebra en Ourense e unha das máis importantes de Galicia". O vindeiro domingo, día 30 de outubro, as rúas de Ourense son das bicis. A saída será ás 12 na Alameda
 
 
 
 
 
28 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense presentou este xoves a 27 edición do Día da Bici, "a maior festa das dúas rodas que se celebra en Ourense e unha das máis importantes de Galicia", sinalouse no acto de presentación desde evento lúdico-deportivo. Terá lugar o vindeiro domingo, día 30 de outubro, polas rúas da capital Ourensá.
Na presentación do evento estiveron presentes o presidente da Deputación provincial, José Luis Baltar, o presidente do Club Ciclista Ourensano, Carlos Moure, e o ciclista Ezequiel Mosquera.

Como novidade este ano destaca que o percorrido de 10 quilómetros “terá menos costas que en anos anteriores para facerllo máis doado aos nenos e ás persoas que non adoitan practicar bicicleta con regularidade”, explicou Carlos Moure, e engadiu que o trazado “percorrerá todos os barrios da cidade de Ourense para darlle a todos o seu protagonismo”.
O comezo será ás 12.00 horas na Alameda, e o percorrido rematará no Xardín do Posío.

Moure agradeceu á Deputación, na persoa de José Luis Baltar, que un ano máis patrocine esta festa da bicicleta, que conta cun presuposto de 8.000 euros, e na que se repartirán un total de 3.000 bolsas con agasallos e refrescos.
Pola súa banda, o ciclista Ezequiel Mosquera dixo que a bicicleta “non é só competición, e a mellor demostración diso é este Día da Bici, que nos permite ver o excelente estado de saúde do ciclismo en Ourense”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 28, JUEVES
 
El BNG de Ourense dice que la contaminación al Barbaña desde San Cibrao tiene que acabarse
Sigue sin acuerdo, siquiera de mínimos, la jornada de huelga, el conflicto de la Limpieza
El BNG plantea 77 millones adicionales para Ourense en los PGE de 2011 a través de 34 enmiendas
CC.OO. recurre al laudo arbitral en el caso de la “manipulación” de censos en las elecciones de Carrefour
Xa están na Residencia do Carballiño os primeiros galegos do programa “Reencontros na Terra 2010”