Limpeza do Concello de Ourense anuncia unha campaña de fomento de compostaxe doméstico
 
 
 
28 de OCTUBRE de 2011: OURENSE DIXITAL
 
 
 

Co obxectivo de dar continuidade á campaña de concienciación e fomento de reciclaxe “Ourense é a túa casa”, a Concellería de Limpeza anunciou este xoves que dará inicio a unha nova campaña, nesta ocasión centrada na compostaxe, o seu correcto funcionamento e beneficios. Campaña que comezou este mesmo xoves.
A concelleira de Limpeza e Mobilidade, Susana Bayo, presentou no Salón de Plenos a nova iniciativa, que achegará a campaña nunha primeira proba piloto a un total de 11 asociacións de veciños mediante a participación en foros, reparto de compostadores e explicación detallada da realización dunha axeitada compostaxe e correcta reciclaxe de residuos.

A compostaxe é unha transformación biolóxica de substancias orgánicas para obter un producto estable, sen patóxenos nin semillas, que permite ser aplicado ás plantas de xeito beneficioso. Trátase, en definitiva, dun proceso natural que permite descompoñer os restos en materia orgánica e convertelos nun fertilizante de calidade. A concelleira deu conta de que este método supón unha serie de vantaxes en diversos aspectos medioambientais.
Entre eles está o aforro en abonos, mellorando á súa vez a calidade do chan e polo tanto dos productos (céspede, árbores, hortalizas, etc.); a reducción do lixo, xa que se estima entre o 40% e o 50% dos residuos dun contenedor doméstico son restos orgánicos; e a reducción da contaminación
.

Foros participativos nas asociacións de veciños

Este mesmo xoves deu comezo xa na Asociación de Veciños Castro de Beiro o primeiro dos foros participativos. Sinala o departamento de Susana Bayo que as conferencias estenderanse durante o mes de novembro a outras 10 asociacións, cun total

 
   
A Concellería de Limpeza do Concello de Ourense anunciou este xoves una nova campaña de fomento de compostaxe, coa que se lle dará continuidade á campaña "Ourense é a túa casa". Ten como obxectivo contribuir na reducción da contaminación ao tempo que aforrar en abonos e en lixo. Nunha primeira fase faranse 11 foros nas asociacións veciñais
 
 

de 11 foros nesta primeira fase. Concretamente, os veciños recibirán unha detallada explicación sobre como realizar unha correcta reciclaxe dos seus residuos, e como facer unha compostaxe axeitada con bos resultados para o abono.

O Concello de Ourense entregaralles aos asistentes un compostador, que permitirá un seguemento da súa compostaxe dun xeito periódico para poder subsanar os posibles erros que se cometan durante o proceso.
Tralo remate desta primeira fase, terá lugar unha avaliación por parte da Concellería e dos propios veciños para analizar a campaña e estudiar a súa posible continuidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El Concello de Ourense discrepa con la factura de la luz de 619.000 euros, de los que discute 300.000  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 28, JUEVES
 
El BNG de Ourense dice que la contaminación al Barbaña desde San Cibrao tiene que acabarse
Sigue sin acuerdo, siquiera de mínimos, la jornada de huelga, el conflicto de la Limpieza
El BNG plantea 77 millones adicionales para Ourense en los PGE de 2011 a través de 34 enmiendas
CC.OO. recurre al laudo arbitral en el caso de la “manipulación” de censos en las elecciones de Carrefour
Xa están na Residencia do Carballiño os primeiros galegos do programa “Reencontros na Terra 2010”
 

Añade OuD a tu Google