Máis de 650 persoas participan este ano nos cursos para maiores do Concello de Ourense
 
Comezaron este mércores os cursos para maiores do Concello de Ourense, que inauguraron o alcalde da cidade a concelleira de Benestar Social. A participación sigue en aumento, xa que este ano hai 191 novos inscritos que elevan a participación nos cursos ás 665 persoas
 
 
 
 
 
27 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acompañado pola concelleira de Benestar Social e Saúde, Marga Martín, inauguraron este mércores os cursos para maiores ofertados pola concellería de Benestar Social, que "como cada ano cumplen as expectactivas de participación con 665 persoas inscritas", sinala o Concello de Ourense. De esas 665 persoas,191 incorpóranse por primeira vez á oferta de actividades para este ano.

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Benestar Social, propón unha oferta de 18 cursos e actividades lúdicas dirixidos a persoas maiores de 60 anos empadronadas no Concello de Ourense.
Entre a oferta para este curso, 2011-2012, as actividades máis demandadas son o exercicio físico, con ximnasia e pilates, informática e uso do teléfono móvil, que desperta a curiosidade dos maiores e os obradoiros de memoria. Este programa ofrece unha oportunidade educativa e cultural para as persoas maiores e pretende contribuír á integración das persoas maiores na sociedade facilitándolles unha actividade socialmente relevante e mellorala súa calidade de vida fomentando as súas capacidades intelectuais e as súas aptitudes sociais.
O programa contribúe á adquisición de novas destrezas e habilidades e a compartir experiencias e potenciar hábitos de convivencia e tolerancia interpersonais e interxeneracionais.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MIÉRCOLES
 
Piden la dimisión de la alcaldesa de San Cibrao y todo su Gobierno por los reiterados vertidos al Barbaña
El BNG pide a la Xunta que frene con inversiones los vertidos de San Cibrao al río Barbaña
El PSOE de Celanova relaciona las nulas o “pírricas” inversiones de la Xunta en 2011 con el “baltarismo” ...
El Outono Fotográfico de 2010 reúne la obra de más de 600 fotógrafos en casi 90 espacios
Llega el Samaín, este año a jornada única, el domingo, día 31