O Ourense Wifi xa vai en 10 meses nos 5.500 usuarios e nas casi 83.000 sesións cunha media de 60 minutos
 
Ao cumprir 10 meses da súa posta en marcha, o Ourense Wifi contabiliza xa as 83.000 sesións, cunha media de 568 nos usuarios por mes e de 60 minutos, unha hora, por sesión. A rede é empregada por usuarios de tódalas franxas de idade, si ben os menores de 35 anos totalizan un 74%. O Concello anuncia que está en execución a ampliación do servizo en 10 novos puntos, ata totalizar as 42 zonas wifi na cidade
 
 
 
 
 
27 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

"O servizo municipal gratuíto Ourense Wifi continúa medrando a paso firme", sinalou o Concello de Ourense este mércores ao facer o concelleiro Agustín Fernández balance dos 10 primeiros meses de servizo.
Trala súa posta en marcha o pasado 1 de decembro de 2010, un total de 5.687 ourensáns xa desfrutaron das prestacións da rede, que acada ata 512 Kbs de velocidade. Segundo os datos proporcionados pola empresa concesionaria da xestión, GOWEX, se reflicte un total de 82.949 sesións, cunha media de 60 minutos por sesión.

Os datos manifestan unha media de 568 novos usuarios ao mes aos que se facilita o acceso gratuíto ás novas tecnoloxías, dando conexión permanente a Internet dende unha vintena de espacios públicos da cidade.
Con respecto ao perfil dos usuarios, a rede é empregada por usuarios de tódalas franxas de idade, sendo o 74 % dos usuarios menores de 35 anos. Asimesmo, dos datos proporcionados pola empresa extráese unha tendencia dun uso maior por parte das mulleres, que fai uns meses só eran o 41 % de usuarios e neste mes igualaron o uso con respecto aos homes, ata acadar un 49% dos usuarios.
Como curiosidade, cabe destacar a franxa horaria entre as 20:00 Hs. e as 21:00 Hs como a de maior tráfico de datos.

Ampliación a 10 novos puntos

Ante a demanda do servicio por parte dos veciños, o Concello de Ourense anuncia que está executando con cargo aos Orzamentos municipais dúas fases de ampliación da rede, que engade 10 puntos máis ós 32 xa en funcionamento: unha primeira fase, que abrangue a Praza das Mercedes, o Parque Avilés de Taramancos, a Praza Maior, Rabo de Galo, Mende e Castro de Beiro; e unha segunda fase, actualmente en execución, que dará servizo wifi ó Parque Molinera, rúa do Paseo, Beiro e rúa Arcediagos.

Trala execución completa da ampliación da rede “Ourense wifi”, un total de 42 zonas da cidade terán conexión gratuíta a Internet, a unha velocidade que alcanza os 512 Kbs. A conexión permite consultas sinxelas como email, visita de páxinas web ou lectura de prensa, cumprindo deste xeito as normativas fixadas pola CMT.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MIÉRCOLES
 
Piden la dimisión de la alcaldesa de San Cibrao y todo su Gobierno por los reiterados vertidos al Barbaña
El BNG pide a la Xunta que frene con inversiones los vertidos de San Cibrao al río Barbaña
El PSOE de Celanova relaciona las nulas o “pírricas” inversiones de la Xunta en 2011 con el “baltarismo” ...
El Outono Fotográfico de 2010 reúne la obra de más de 600 fotógrafos en casi 90 espacios
Llega el Samaín, este año a jornada única, el domingo, día 31