O Cultural da Deputación acolle unha exposición da Igrexa Evanxélica sobre Os colportores
 
 

O Cultural da Deputación acolle dende este martes a exposición Os colportores nas terras de Galiza que organiza a Igrexa Evanxélica de Bonhome. A exposición componse de 28 obxectos procedentes do Arquivo Histórico de Marín, máis outros 54 obxectos do arquivo particular da Familia Carnicero, xunto con doazóns do teólogo Pablo Enrique Le More.
 
 
 
26 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL
 
 
 

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle dende este martes, 25 de outubro, e até o 4 de novembro, a exposición Os colportores nas terras de Galiza, unha mostra que exhibe a través de fotografías, paneis, obxectos e documentos o que foi a historia das sociedades bíblicas e dos vendedores de biblias do século XIX.
Esta mostra está organizada pola Igrexa Evanxélica de Bonhome, e a presentación estivo a cargo de José Luis Fernández Carnicero, comisionado da exposición, e polo bispo protestante Andrés Valuja, aos que acompañou o director do Centro Cultural, Francisco González. Os tres lembraron a importancia que a finais do século XIX e principios do XX tivo a figura dos colportores, tanto para difundir o Evanxeo como para axudar á alfabetización e socialización no ámbito rural.

Francisco González dixo que o Centro Cultural, “quixo dende sempre ser un reflexo da pluralidade social, e por iso, ademais da exposición queremos tamén abrir as portas a outras actividades alternativas ás artes plásticas que teñen interese para a nosa sociedade, como é esta que nos achega a coñecer a figura dos colportores”.
José Luis Fernández Carnicero explicou que a exposición componse de 28 obxectos procedentes do Arquivo Histórico de Marín, máis outros 54 obxectos do arquivo particular da Familia Carnicero, xunto con doazóns do teólogo Pablo Enrique Le More.
A mostra complétase con paneis sobre a historia do colportores en Ourense e Galicia; paneis que conmemoran o 175 aniversario das sociedades bíblicas, e un interesante apartado bibliográfico con biblias dos séculos XVI e XVII e follas de incunables e dunha vella Biblia que pertenceu a Lutero.

As actividades da exposición compleméntase cun ciclo de conferencias que se ofrecerán no Liceo de Ourense os días 2, 3 e 4 de novembro.
Os colportores eran persoas ao servizo dunha sociedade bíblica que percorrían a Península Ibérica cargados con biblias, evanxeos e outras publicacións que distribuían en feiras, rúas e prazas dos pobos. Entre as cualidades destes axentes destacaban o seu espírito aventureiro e a súa boa reputación, ademais dunha vida de renuncia e privación, xa que pasaban moitos meses lonxe do seu fogar.

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, MARTES
 
Las obras en los túneles de A Cañiza (A-52) no finalizarán hasta febrero de 2012, según Antón Louro
La Xunta no invierte ni un euro en todo 2011 en siete de los nueve concellos de la comarca de Monterrei
Unións Agrarias reclama contratos homologados para toda la uva de las denominaciones ourensanas
Denuncian inacción del PP de O Pereiro en materia educativa por venir la propuesta del PSOE
Ourense acogerá las Jornadas Nacionales sobre Drogodependencias