Ourense acolle esta fin de semana as IV Xornadas Interculturais da Concellería de Benestar
 
A Alameda do Concello acollerá esta fin de semana a celebración das IV Xornadas Interculturais do Concello de Ourense, que este martes presentou a concelleira de Benestar Social, Marga Martín. Dende este departamento sinálase que se pretende crear un espazo de convivencia e de intercambio de experiencias entre os inmigrantes e o resto dos ourensáns.
 
 
 
 
 
26 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Benestar Social e Saúde, Marga Martín, presentou este martes as IV Xornadas Interculturais, que se celebrarán esta fin de semana nos Xardíns de Bispo Cesáreo e que organiza o Concello de Ourense a través desta Concellería. "Dende o Concello apóstase polo recoñecemento da interculturalidade como elemento estructural e transformador da sociedade ourensana, e que implica a xeración de actitudes baseadas na empatía e na comprensión mutua", sinala o departamento de Marga Martín.

O lema deste ano é “interculturalidade na escola” referido a unha das novidades desta edición: achegar a inmigración ós alumnos de colexios de Educación Primaria da cidade de Ourense, a través de charlas impartidas por inmigrantes residentes no municipio.
As charlas xa comezaron a semana pasada, e celebráronse nos centros de Educación Primaria e na Universidade (CEIP O Couto, no Colexio Cardenal Cisneros, Colexio Padre Feijoó Zorelle, Colexio Manuel Sueiro e na Universidade de Vigo no Grao de Traballo Social e no Ciclo de Formación Profesional Integración Social).

A carpa instalada nos Xardíns de Bispo Cesáreo acollerá durante toda a fin de semana stands de arte, cultura e gastronomía que abrirán as súas portas as 19.00 horas do venres 28 de outubro ata peche e o sábado dende as 12.00 da mañá, coa presencia de representantes de Venezuela, Colombia, República Dominicana, Argentina, Sahara, Algeria e Senegal, animación musical a partir das 21.00 h e stands de animación lúdico infantil dende as 18.00 ata as 21.00h o venres e de 10.30h a 13.30h e de 18.00h a 21.00h.
O stand de animación lúdico infantil inclúe como actividades collages cooperativos, contos, debuxo ou globoflexia coa finalidade de que nais e pais poidan disfrutar das xornadas e sensibilizar ós cativos acerca da interculturalidade.

O obxectivo das xornadas é fomentar o coñecemento das diferentes culturas que conviven na cidade e divulgar o dinamismo dos colectivos inmigrantes residentes en Ourense, así coma sensibilizar á poboación ourensá sobre a inmigración.
Dende a Concellería de Benestar Social preténdese crear, especialmente durante a celebración das xornadas, un espazo de convivencia, de intercambio de experiencias entre os inmigrantes e o resto dos ourensáns.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, MARTES
 
Las obras en los túneles de A Cañiza (A-52) no finalizarán hasta febrero de 2012, según Antón Louro
La Xunta no invierte ni un euro en todo 2011 en siete de los nueve concellos de la comarca de Monterrei
Unións Agrarias reclama contratos homologados para toda la uva de las denominaciones ourensanas
Denuncian inacción del PP de O Pereiro en materia educativa por venir la propuesta del PSOE
Ourense acogerá las Jornadas Nacionales sobre Drogodependencias