A falta dunha semana aínda, a Universidade Popular supera os inscritos de todo o ano pasado
 
A falta de toda esta semana, xa que o prazo de inscricións remata con este mes, a Universidade Popular do Concello de Ourense xa conta con casi 2.000 preinscritos. Son tantos como os de todo a ano pasado, sinala a Concellería de Educación, que toma a este dato como un craro referente de que o interese polas actividades da Universidade Popular segue en aumento un ano tras outro
 
 
 
 
24 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O programa de actividades Universidade Popular que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense incrementa o seu número de  pre inscripcións, que xa suman 1.950, quedando aínda toda esta semana para que finalice o prazo de matrícula, segundo informa o departamento de Ana Garrido.
As inscripcións a data 21 de outubro sumaban xa 1.950 participantes, tantos coma en todo o ano pasado, cando soamente pasaron 20 días dende que se abriu o prazo de inscripcións.

Nestes catro anos, a Universidade Popular pasou de 640 alumnos ós case 2.000 actuais o que confirma o rotundo éxito do programa e a edición 2011-2012 como a máis participativa e pon de manifesto o compromiso e a aposta do Concello de Ourense na mellora da calidade de vida a través da educación e o benestar social.
O Programa de actividades para o curso 2011/2012, dirixidas a ourensáns maiores de 16 anos e sen límite de idade, oferta un total de 87 cursos, dos cales 34 son de nova creación e aumentan en 17 o número de actividades xa que o ano pasado eran 70.

Entre os novos cursos que se imparten este ano destacan, entre outros, o deseño e creación de páxinas web, ritmos latinos, repostería, cata de viños, restauración de mobles ou modelado e cerámica, entre outros.
Ademáis, amplíase a oferta de actividades encamiñadas á formación sociolaboral con cursos de Técnicas de búsqueda de emprego e orientación no mercado laboral, modais e comportamento social, Intervención en problemática específica de xénero ou sobre Estratexias educativas para a familia.
Os cursos máis demandados son os relacionados coa cociña, idiomas, sobre todo o básico de inglés, informática, pilates e cata de viños, para os cales están esgotadas as prazas para o mes de novembro.
Este ano, por primeira vez, vanse utilizar as novas instalacións da Universidade Popular na rúa Vasco da Ponte, inauguradas no último trimestre do curso pasado.

O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o 31 de outubro. Todas aquelas persoas interesadas poden inscribirse na Concellería de Educación, na Praza de San Martiño nº 2, 1º andar, (Teléfono 988 388 136).

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garrido, concelleira de Educación  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 23, SÁBADO
 
La Xunta asume que lastra el PIB en 2011 y que en Galicia habrá casi 22.000 parados más, dice Suárez Canal
Paz acusa de territorializar el gasto, que se camufla como inversión, para “maquillar” Presupuestos “indefendibles”
Manuel Baltar defiende los Presupuestos de la Xunta, “non pirotécnicos” pero sí “cumplibles”
Novoa dice que el gerente de la concesionaria de la limpieza es “un comisario político del alcalde”
Los datos de las esperas sanitarias sitúan al CHOU como uno de los mejores hospitales de Galicia