30 empresas optan as obras de urbanización do vial do Centro de Saúde e Deportivo de O Vinteún
 
Hai 30 empresas que optan a realizar as obras de urbanización do vial de acceso ao futuro Centro de Saúde e Complexo Deportivo de O Vinteún, que contan con un orzamento de algo máis de 280.000 euros e que terán un prazo de execución de 4 meses. Xa só queda pendente a adxudicación propiamente dita, que o Concello di que se fará "á oferta que resulte máis vantaxosa"
 
 
 
 
24 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Un total de trinta empresas optan a realizar as obras de urbanización do vial de acceso ao futuro Centro de Saúde e Complexo Deportivo de O Vinteún, segundo informa o Concello de Ourense. As obras suporán un investimento de 284.603 euros por parte do Concello, e contan con un prazo de execución de 4 meses
O proxecto elaborado polo Concello engloba a urbanización do vial que dará acceso ó centro de saúde do Vinteún, que construirá a Xunta de Galicia en terreos achegados polo Concello, así como a zona verde asociada a dito equipamento asistencial sanitario, nun entorno onde tamén está prevista a construción dun complexo deportivo.
A superficie da actuación ascende é de un total de 3.304 metros cadrados, dos que 1.303 destinaranse á construción do vial de acceso e os 2.001 m2 restantes a zona verde.

O vial arrancará á altura do número 156 da Avenida de Santiago ata chegar a unha glorieta circular en “fondo de saco”. As dimensións do vial son 51,667 metros de lonxitude, e 19 de ancho. Terá unha sección formada por 2 carrís de 3 metros cada un, dúas bandas de aparcamento de 5 metros a ambos lados da calzada, e beirarrúa de 3 metros na marxe esquerda.
A glorieta ten un diámetro interior de 6 metros, e diámetro exterior de 16 metros, cun ancho de carril único de 5 metros.

Trala apertura de plicas que tivo lugar no Concello de Ourense, anúnciase que se procederá ao estudio das ofertas con vistas á próxima adxudicación das obras en Xunta de Goberno Local, o que se fará "á oferta que resulte máis vantaxosa para o Concello", sinálase.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 23, SÁBADO
 
La Xunta asume que lastra el PIB en 2011 y que en Galicia habrá casi 22.000 parados más, dice Suárez Canal
Paz acusa de territorializar el gasto, que se camufla como inversión, para “maquillar” Presupuestos “indefendibles”
Manuel Baltar defiende los Presupuestos de la Xunta, “non pirotécnicos” pero sí “cumplibles”
Novoa dice que el gerente de la concesionaria de la limpieza es “un comisario político del alcalde”
Los datos de las esperas sanitarias sitúan al CHOU como uno de los mejores hospitales de Galicia